PORTO SANTA MARIÑA
XAVIÑA
CAMARIÑAS
Santa Mariña é un lugar da parroquia de Xaviña no concello coruñés de Camariñas na comarca da Terra de Soneira).
Tiña 140 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estatística dos cales eran 70 homes e 70 mulleres.
Xaviña
Santa María de Xaviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Camariñas.
Segundo o IGE en 2010 tiña 881 habitantes (447 mulleres e 434 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.039 habitantes.
Patrimonio
Casa Forte de Dor ou Pazo de Dor. Situado no lugar da Paxariña, foi fundado en 1582 por Gonzalo dos Barreiros.
Lugares da parroquia de Xaviña
Agramar, A Agrela, Boedo, Os Borreiros, Brañas Verdes, Brea, A Cancela, Chandeira, A Costa, Covadiña, O Cruceiro, A Gándara, Lamastredo, A Paxariña, Pedrouso, Penas do Raposo, Pescaduira, Os Pións, A Piosa, Prado, Santa Mariña, O Sisto, Tasaraño, Telleiro, Trasteiro, Xaviña
Camariñas
Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira.
Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio é camariñán ou camariñés.
Camariñas é un fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas,e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia. Tamén deu o seu nome á vila da Pobra do Caramiñal.
Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece, en Camariñas, que é o corazón da Costa da Morte.
Produtos típicos
Son célebres os encaixes de Camariñas.
Parroquias de Camariñas
Camariñas (San Xurxo), Camelle (O Espírito Santo), A Ponte do Porto (San Pedro), Xaviña (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901