domingo, 27 de agosto de 2017

OBRA DE MAN - O ALEMAN DE CAMELLE

 OBRA DE MAN
O ALEMAN DE CAMELLE
CAMELLE


Manfred Gnädinger
     Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou O alemán de Camelle, nado en Radolfzell o 27 de xaneiro de 1936 e falecido en Camelle o 28 de decembro de 2002, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle (Camariñas, na costa da Morte).  


     Tratou de levar unha vida o máis sinxela e natural posible, creando unha peculiar paisaxe de pedra preto da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.


Traxectoria
     Nace e pasa a súa infancia en Alemaña, procedente dunha familia de sete irmáns, estudou Artes en Italia. Impartiu clases de arte en Suíza a persoas con problemas de integración social. O seu interese pola preservación do medio ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega levárono á Costa da Morte.



     En maio de 1961 chegou a Camelle, inmerso nas festas patronais do Espírito Santo. Dende ese día ese alemán solitario, educado e de bo aspecto, con certo aire de turista acomodado, instalouse para sempre no pobo.


     Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou. O 9 de novembro de 2010, un temporal levou o que quedaba da súa obra.


Obra
     En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal. Na súa memoria foi creado en Camariñas o Museo do Alemán, actualmente atópase en estado de abandono .



     O autor e a súa obra fixeron coñecida no mundo enteiro á vila de Camelle, ata tal punto que é practicamente imposible atopar na rede información deste lugar na que non se faga referencia a Man, e viceversa. A posta en valor e a recuperación do legado de Man, tamén o é, por extensión do porto de Camelle e a súa contorna, nos que Man non só creou, senón que converteu no seu fogar e no seu propio proxecto museístico espontáneo.


     O traballo que Man realizou ao longo dos anos nas inmediacións do espigón de Camelle quedou destruído por mor do vandalismo e das últimas catástrofes climatolóxicas da zona. A obra que persiste actualmente no xardín-museo, único xardín mariño de esculturas no mundo, non representa o seu estado orixinal.


     En 2014 iniciouse un proxecto denominado MAN: mar, arte e natureza, que ten por obxectivo recuperar a obra de Man e expoñela tanto na Casa do Alemán coma en internet, por medio dunha exposición virtual.


Camelle
     O Espírito Santo de Camelle é unha parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2013 tiña 1290 habitantes (602 homes e 682 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1613 habitantes.



Xeografía
     Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, a mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou. Ten seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa



Historia
     Hai un petróglifo no monte de Can Ladrón.



     Durante as invasións normandas dos viquingos, os habitantes de Camelle refuxiáronse no agocho do Alto da Gurita. Segundo a tradición oral, agocháronse entre as árbores pintados con barro e prepararon unha emboscada ós viquingos na zona da Señora, preto da vila, con vitoria local..



     A finais da idade media creouse un dos primeiros peiraos galegos adicados á pesca da balea, xunto cos de Malpica e Caión. Foi fundado por baleeiros vascos, e destacaron na pesca os capitáns García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Guipúscoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No monte de Can Ladrón construíuse un posto de vixilancia, posiblemente do século XVI,



     Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.



Lugares e barrios de Camelle

     Arou, Camelle, Lazo


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901