O SALGUEIRO
PRADO
MUIÑOS
Prado de Limia
San Salvador de Prado de Limia é unha parroquia do concello ourensán de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 173 habitantes, dos cales 94 eran homes e 79 mulleres.
Lugares de Prado de Limia
Albite, Prado, Reparade, O Salgueiro
Muíños
Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003.
Xeografía
O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.
Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños.
Turismo
Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.
A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.
Patrimonio Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
Anta Casiña da Moura
Anta Casota do Foxo
Castros:
Castro de Taboadela (Barxés)
Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
Castro de Santa María do Castro (Guntumil)
A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.
Parroquias de Muíños
Barxés (Santa María), Cados (Santa María), Couso de Salas (Santiago), Farnadeiros (San Pedro), As Maus de Salas (Santa Baia), Muíños (San Pedro), Parada de Ventosa (San Pedro), Porqueirós (Santo André), Prado de Limia (San Salvador), Requiás (Santiago), Souto de Limia (Santa María), Xermeade (San Miguel)
Comarca da Baixa Limia
A comarca da Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Bande.
Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.
Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, na provincia de Ourense xunto a Portugal
O Parque Natural Baixa Limia esténdese polos montes dos municipios de Entrimo, Lobios e Muiños ata a fronteira con Portugal. Está situado no sur da provincia de Orense. Ao entrar en Portugal convértese no Parque Nacional de Peneda Gerês.
Principalmente está composto por materiais graníticos con algúns filóns de cuarzo, na súa superficie atópanse os circos glaciares de menor altitude da península.
O Parque Natural Baixa Limia caracterízase por ter tres zonas ben diferenciadas, as superficies planas, os vales fluviales e as sierras. Estas forman unha configuración de cumes e vales nos que a forma de erosión indícanos a existencia de glaciares.
O parque natural está nunha zona de transición entre os climas mediterráneo e atlántico, con choivas frecuentes no outono e inverno e escasas durante o verán.
Paisaxe
Variedade de paisaxes alternando bosques caducifolios cos de folla e con pastizales e cultivos forrajeros, alternándoos con barbechos de centeno.
Altitude
Ten unha extensuión de 20.920 hectáreas e o pico máis alto do Parque é o pico A Nevosa, con 1546 m.
Flora
Carballo melojo, abedul, madroño, acebo, castiñeiro, brezo, pastos e cultivos en barbecho.
Fauna
Nas aves temos:
Zampullín chico, ánade real, somormujos, aguilucho cenizo, aguia real, alcotán, azor, gavilán, aguia culebrera, cernícalo común, cuco, pico picapinos e vencejo entre outros.
Nos mamíferos temos:
O lobo, o jabalí, turón, nutria, gineta, gato montés, comadreja e cabra montesa entre outros, ademais de gando equino, vacuno e lanar.
Nos reptiles
Temos a víbora e a lagartija ibérica.
Actividades
Senderismo, escalada, rutas en bicicleta, paseos dacabalo e visitas guiadas.
Servizos
Aparcamiento, instalacións adaptadas para persoas con discapacidad, área recreativa infantil, merenderos, teléfono público, fontes públicas, refuxios públicos, aloxamentos e hostelería.
Características
Ao estar situado nunha zona fronteriza temos no parque dous climas e, xa que logo, dous vegetaciones distintas e unha gran diversidad paisajística, combinando as formas suaves dos vellos montes galegos coas máis abruptas (agullas e pedras de granito).
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901