viernes, 14 de abril de 2017

ÁLEX VÁZQUEZ - PINTOR

 ÁLEX VÁZQUEZ
PINTOR


    Sobriño-neto do arquitecto porriñés Antonio Palacios, ilustrou obras de escritores coma Carlos Casares, Francisco Xosé Fernández Naval, Francisco Fernández del Riego ou Xavier Alcalá e expuxo en Bélxica e moitísimos sitios tanto dentro como fora do noso Pais.


     Decia de el Francisco Fernández del Riego "No son os lápices nin os tubos de materia cromática os que lle dan vida aos cadros de Álex Vázquez. É a propia alma do artista empeñada en facer debuxo do seu debuxo e pintura da súa pintura."


     Álex recíbenos no se estudio de Mourente - Pontevedra e nada mais entrar nel un quedase impresionado o ver a súa obra e parándose en ela un parece transportarse a un mundo máxico de eses que se ven nos soños, un mundo de tonos que son Galicia.


     Este home fala con pasión da súa obra dos seus traballos e pos suposto da súa filla tamén pintora e ten varios cadros de ala nun lugar destacado do estudio, pero tratase de entrevistar e a iso vamos, non sin antes agradecer o artista o tempo que nos dedicou, persoalmente supome a pouco porque este home e un gran coñecedor do Pais e falar con el e para estar horas e horas, gracias Álex un pracer.


Algo de ti?
     Nacín en Vigo, nun ambiente de tranvías, galernas, mar... O meu pai Isidro Vázquez Palacios -home de extraordinaria sensibilidade e un dos pioneiros da creación publicitaria en Galicia- acompañoume  sempre co seu agarimo, amizade e entusiasmo nos meus inicios neste mundo da pintura. Estudei en Madrid Publicidade e traballei con el na empresa familiar como Director d Arte. En paralelo desenvolvín outra actividade como ilustrador que me deu a oportunidade de colaborar con importantes escritores e intelectuais galegos: Francisco Fernández del Riego, Carlos Casares, Paco Fernández Naval,....Dende fai anos dedícome exclusivamente á pintura.


Por qué pintura?
     Desde sempre me vin inclinado á pintura. Desde logo o meu ambiente familiar era propicio a iso. De neno visitaba con frecuencia exposicións en compañía dos meus pais. Ten en conta que en Vigo  naquela época (anos 60-70) xa contaba con varias salas de exposicións: Foto Club, Cinema Fraga, Círculo Mercantil, Caixa de Aforros,...O ambiente lémbroo moi bullicioso cos  grandes da pintura galega sempre presentes: Laxeiro, Colmeiro, Lugrís, os Quesada, Mercedes Ruibal, Lodeiro, Xavier Pousa,...a todos coñecíaos e admiraba e con eles  comentaba  con frecuencia a súa obra. Con algúns -Antonio Quesada, Laxeiro, Pousa-- co tempo cheguei a ter gran amizade.
     Castrelos, co seu impresionante pinacoteca, acontecementos como  a mítica exposición da Praza da Princesa , ou encontros en bares e cafés xa pura lenda como Eligio, Derby, Goya,...daban á cidade un ambiente moi especial e propicio para estimular unha vocación.



Falabamos de inmaterial o material?
     Considérome un pintor figurativo, que dá forma aos seus temas (paisaxe, figura,...)  por medio da luz, a cor, o movemento…Interésame máis captar unha atmosfera , a súa alma, que recrear fielmente o modelo.
E tan rica a nosa terra para crear?
     É inusitadamente profunda, de infinita  gama de matices...Nada fácil de interpretar. Un xogo de luces e sombras que se disolven unhas noutras. Suxestiva, poética, máxica...Moi rica, si.



Vexo tes admiración pola obra ‘O bosque animado’, por qué?
     Desde a primeira vez que lin El bosque animado-demais do seu xenial valor literario- impresionoume a  poética  tenrura con que Wenceslao Fernández Flórez trata a todos os seus personaxes e a contorna onde se entrecruzan as súas historias: a fraga de Cecebre. Sempre tiven a fixación de recrear a súa obra, de aí a exposición e o libro, que se publicará nun par de meses



Novos proxectos?
     Nestes momentos estou centrado na paisaxe do viño,  concretamente no Ribeiro. A contorna de Ribadavia , Leiro, Beade...atráenme dunha form a moi especial. Fai xa un par de anos que veño abocetando, pintando o que pode transformarse en prazo próximo nunha nova exposición.



Crees que as artes están apoiadas neste país?
     Non estou seguro...Se cadra si...pero a Administración está  lonxe...hai que meterse no confuso mundo da burocracia extrema, achegando datos, documentos, xustificando, demostrando...Iso é moi aburrido...O que o creador necesita é sentir á administración preto del, nas súas actuacións, exposicións...e que o dialogo, as propostas, xurdan de aí, non dun concurso de méritos...



Un libro?
     Moitos…El bosque animado!
Una película?
     Tamén moitas …Manhatan, El bosque animado, claro….
Un soño?
     Unha sociedade solidaria...
Algo imprescindible?
     A arte



Do que vin da tua obra vexo una continuidade en series ou temas, pero o mesmo tempo xirando en eles?
     Son moi fiel aos meus modelos e traballo con eles ata que os esgoto, ou case...Algúns -como os balcóns, o retrato-  transfórmanse en temas recorrentes que me acompañan ao longo de toda a miña traxectoria. Retrato, paisaxe urbana, camiños, camelias, bodegóns.... son a lgunos dos meus temas característicos.



...e, por último. Como ves ao teu entrevistador XOAN ARCO DÁ VELLA?
(Esta pregunta fágoma eu e rógoche publíquela tal cal)
     Hai persoas ás que non sabes ben se respectas, admiras, queres,...máis, ou todo ao mesmo tempo. Confeso polo pronto, a miña profunda admiración por Xoan Arco dá Vella, notario gráfico dunha Galicia que inexorablemente se nos vai. Traballador incansable, non hai lugar por recóndito que sexa que el descoñeza e que non documentase nas súas páxinas de Facebook, blogues,...para deleite de todos e cunha xenerosidade incrible.
     Fai un par de meses  visitoume no meu estudo, fotografou, conversamos...e ata tivemos tempo para arranxar un pouco o país.
     O meu profundo recoñecemento a tan xenial personaxe!
Un abrazo Xoán


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. Unha honra formar parte da túa colección de pedras, camiños, recunchos, paisaxes, historias,...da nosa querida Galicia.

    Un abrazo Xoan. Moi agradecido

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901