jueves, 19 de enero de 2017

IGREXA DE SANTIAGO DE BIDOUREDO

 IGREXA DE SANTIAGO 
BIDOUREDO
MONTERROSO


 Igrexa de Santiago de Bidouredo
      Igrexa que data da segunda metade do século XII. A planta é rectangular, con ábsida cadrada. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. 


     O arco triunfal é de medio punto, de aresta viva, que descansa mediante imposta lisa sobre as pilastras e o muro, e sobre este hai dúas seteiras con acusado derramo interior. 


     A portada principal ten unha porta con arco de medio punto con arquivolta interior de baquetón e exterior adovelada, dúas ordes de columnas, capiteis con decoración vexetal e tímpano alintelado sobre mochetas. A fachada está rematada cunha espadaña dun solo van.


Acceso
     En Monterroso tomar dirección a Lugo. A 1,3 km. tomar pista á esquerda.



Bidouredo
     Santiago de Bidouredo é unha parroquia do concello lugués de Monterroso. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), dezaseis menos ca en 1999.



Xeografía
     Está situada a carón do río Lavandelo. Tan só dous dos seus barrios están habitados (o de Moreiras e o propio Bidouredo).



Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo románico dedicada a Santiago o Maior que pode observarse desde a estrada de Palas de Rei. Preto de Bidouredo atópase a parroquia de Esporiz e o barrio dos Olmos.



Lugares de Bidouredo
     Bidouredo, A Moreira, A Pedriña




Monterroso 
     Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015) tiña 3.778 habitantes (1.880 homes e 1.898 mulleres). O seu xentilicio é monterrosino.



Poboación
     Censo total 2015
     3.778 habitantes



     A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.



     No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.


     A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.


     En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.



Parroquias de Monterroso    
     Arada (Santa María), Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño), Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Concello de Monterroso
Turgalicia
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901