sábado, 7 de enero de 2017

CASA DA NEVE DO CAMPO DO EIRADO

 CASA DA NEVE
CAMPO DE EIRADO
XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO
OURENSE


Casa da neve do campo do Eirado


Concello: 

     Xunqueira de Espadanedo   


Parroquia: 

      Xunqueira de Espadanedo (Santa María)
Cronoloxía: 

     Idade Moderna (XVI-XVIII),


Descrición:
     Trátase dun pozo de máis de dous metros de profundidade e uns sete de diámetro que se empregaba como lugar de almacenamento, conservación e distribución de neve endurecida.



     Amoreábase nestas estruturas de pedra (con dúas partes diferenciadas: o pozo e a cuberta) en capas de 20-50 cm de espesor, alternadas con outras de fentos e piornos, endurecéndoa con pisadas. 



     A neve recollíase por varios homes, arrastrándoa ladeira abaixo ou transportándoa en capazos ata o pozo.


     Para facilita-la súa conservación ata a época estival, procurábase o seu illamento do fondo, dispoñendo unha rede de drenaxe, tallada na pedra.


     A localización desta “casa da neve” está xustificada pola súa situación nunha montaña por riba dos 1100 metros, onde nevaba abundantemente e, por outra banda, sitúase estratexicamente nun lugar de paso entre a Ribeira Sacra e o Val do Medo: unha área de gran concentración de mosteiros, con toda probabilidade os propietarios desta instalación.



      Dende mediados do século XVI e no XVII popularizáronse os beneficios do consumo do xeo natural, sobre todo entre as clases privilexiadas, xerándose a construción de neveiras en gran parte da xeografía hispana.




Onde está localizado
     Latitude: 42.35023482559652
     Lonxitude: -7.630627155303955



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: patrimoniogalego 
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901