lunes, 28 de noviembre de 2016

I.E.S CARLOS OROZA - AULA PASTELERIA

 PASTELERIA PANADERIA
I.E.S CARLOS OROZA
PONTEVEDRA


     Na nosa visita ao IES Carlos Oroza prometémoslle aos alumnos de panadería e pastelería facer un traballo en particular deles.



     Antes de nada agradecer á dirección do centro e aos profesores as facilidades que nos deron para facer estes traballos e dous máis que compartiremos nuns días convosco.



     Logo de ver o entusiasmo co que se traballa neste centro por parte do profesorado e dos alumnos,podemos asegurar que na gastronomía e pastelería galega hai futuro.


   
     En poucos días volveremos visitar o Carlos Oroza para ver as novas instalacións para panadería e pasteleria, visitámolas sen terminar as obras e parecéronnos espectaculares, así que en pouco volvemos



     O C.I.F.P. Carlos Oroza pertence á rede pública de centros integrados de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
     


     Foi creado no ano 1.996 mediante un convenio de cooperación asinado entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra.



     A finalidade deste convenio foi dotar á provincia de Pontevedra dun centro educativo que dinamizase as ensinanzas da familia profesional de hostalaría e turismo nun sistema integrado de formación, mediante o establecemento dunha oferta educativa de ciclos formativos, accións formativas para o emprego, programas de acreditación de competencias profesionais, e un espazo de cooperación entre o centro educativo e as empresas do sector, sendo este un dos estratéxicos da economía de Pontevedra, posicionando as Rías Baixas como un dos destinos turísticos principais do país.


     Son 50 profesionais que temos o obxectivo de proxectar á sociedade un ensino de calidade a través da innovación e o traballo en equipo, aportándolle  o valor engadido do saber facer.


Onde estan:
Localícenos co seu GPS nas seguintes coordenadas:  N= 42º 25′ 38”     W= 8º 37′ 01”



     O CIFP Carlos Oroza atópase en Pontevedra, dentro do recinto da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 



     A mellor referencia é o Hospital Montecelo e a baixada ao campo de fútbol, xa que a man esquerda está o centro educativo.


Datos de contacto:
     Avda. de Montecelo, núm.16  36161 Pontevedra.
     Teléfono. 886 159 545  —  Fax. 886 159 557
     cifp.carlos.oroza@edu.xunta.es
     www.edu.xunta.es/centros/cifpcarlosoroza


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog CARLOS OROZA
XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901