domingo, 26 de junio de 2016

MUIÑO DE SANCHO - RÍO CABE - O INCIO

 MUIÑO DE SANCHO
TRASCASTRO
RÍO CABE
O INCIO


 Trascastro
     Santalla de Trascastro é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 87 habitantes, deles 46 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.



Lugares de Trascastro

     A Airela, A Ferrería, A Moura, A Raxoá, Trascastro



Río Cabe
     O río Cabe é un río galego que discorre pola provincia de Lugo. É un dos principais afluentes do río Sil pola súa marxe dereita. Está considerado lugar de importancia comunitaria.



Étimo
     O río Cabe era chamado Chalibe na época dos romanos. Os romanos extraían ouro do río.



Descrición
Fontes
     Nace na parroquia de Foilebar, no concello do Incio, a uns 900 m. de altitude en plena Serra do Courel.



Percorrido e afluentes
     A conca do Cabe ten unha extensión de 737 Km² e ocupa os concellos da Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober e Pantón, na Terra de Lemos e Paradela e O Incio na de Sarria. Á súa vez, a conca do Cabe está incluída na conca Miño-Sil.



     No seu curso alto, poucos quilómetros despois do seu nacemento, pasa por Santa Mariña, Río e Trascastro, onde recibe as augas do accidentado río Antiga e hai dous muíños: o do Sancho e o do Vila. Continúa logo por San Miguel, Barreiro e San Pedro, onde está o muíño de Cortiñas e hai unha área recreativa e unha presa para o abastecemento de augas, ademais da desembocadura do rego de Tras das Penas.



     Logo entra no concello da Pobra do Brollón e pasa pola aldea de Biduedo. Entón recibe as augas do rego de Paraxes, rego da Córnea, rego Acevedo, rego Val de Forgas e rego Sobrecín. Entra logo en Pacios de Veiga, onde están os muíños do Seara, do Ramiro e do Vila. Ata esta última aldea o río transcorre a través dun estreito val entre montañas que chegan a superar os 1.000 m de altitude.



     No seu curso medio, pasado Pacios de Veiga, o Cabe entra no Val de Lemos e o seu percorrido é bastante recto. Pasa por Veiga, onde recibe as augas do río Picarrexo; Santalla de Rei, onde atopamos o muíño de Folla; A Nogueira, Alende e A Lama (en Eixón) e Fornelas, onde recibe as augas do río Saa antes de virar cara á dereita e entrar na Serra do Moncai.



     Na serra pasa ó concello de Monforte de Lemos, onde transcorre polas aldeas de Camporrío, onde recibe as augas do río Mao e se celebra a popular romaría do San Mateo; Remuín, onde pouco despois está o inicio do Canal Alto do Regadío Val de Lemos; O Freixo, Ribas Altas, onde hai un campo de golf na ribeira do río; e posteriormente entra na capital monfortina, que cruza o río sobre a Ponte Vella.



     Tamén recibe as augas dos regatos de Rioseco e da Veiga. Logo pasa por Piñeira e Distriz, onde desembocan o barranco de Carballo e o río Cinsa.



     Entón entra no concello da Pantón, onde atopamos a Illeta de Muíño. Pasa por Eireos e Valado. Daquela recibe as augas do regato de Sante e fai de límite entre os concellos de Pantón e Sober ata a súa desembocadura.



     Recibe as augas do río Carabelos e pasa por Canaval. Pasa por debaixo da estrada N-120 e recibe as augas do río Ferreira. Pasa logo por Areas e O Cotillón, antes de ser cruzado pola liña de ferrocarril que vai a Ourense e de recibir as augas do regato da Pereira.



     Desemboca no Sil no lugar da Barca, entre as aldeas da Estación (ribeira dereita) e A Barca (ribeira esquerda), a uns 125 m sobre o nivel do mar, no límite entre as parroquias e concellos de Frontón (Pantón), Anllo (Sober) e Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), aínda que non baña esta última parroquia.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901