FERVENZA DE SEOANE
RÍO FONTANS
OS FONTANS
SANTA MARÍA DE XEVE
Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 867 habitantes (403 homes e 464 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 972 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.
O Couso, Os Fontans, Frieiro; Gatomorto e A Iglesia.
Xeografía
A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.
Patrimonio
En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.
A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.
Festas
Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.
Xeve Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, integradas as tres no concello de Pontevedra desde 1944.
Queda como testemuña o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.
En 1847, data da primeira acta conservada, o alcalde era Alberto Gómez.
O 20 de abril de 1931, trala chegada da II República Española, foi nomeado alcalde Lino Tilve Corbacho.
O último mandatario foi Benito Rivas Hermida.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Xeve Eu
XOAN ARCO DA VELLA
Cual es la ubicación exacta? Gracias
ResponderEliminar