sábado, 13 de febrero de 2016

A FÍA DO LÍÑO - CASA DO PATRÓN

 A FÍA DO LIÑO
CASA DO PATRÓN
CODESEDA
LALÍN


     A tarde de sábado 17 de octubre, foi unha tarde de fiada. 


     Máis de cento cincoenta persoas déronse cita en Casa do Patrón para ver a demostración da fía e do tecido de liño que as tecedeiras de Zobra e veciños da aldea de Codeseda representaron no Museo. 


     Moitos destes asistentes xa viñeran pola mañá para ver as exposicións do Museo e disfrutar dun bo Cocido no noso restaurante tradicional.


     A tarde comenzou coa demostración do espadelado, golpeando o liño coa espadela para sacarlle os restos de palla. 


     Seguidamente o restrelado, para separar a estopa do liño, e a fía do liño, de xeito tradicional con roca e fuso.


     Os asistentes puideron ver todo este proceso e incluso alguén se atreveu a probar a facer fío. 


     Tamén se fixo unha demostración de tecido nun tear tradicional, para poder ver como se elaborabas as telas que logo se cortarían para facer as vestimentas ou roupas de cama como as mantas ou as sábanas. 


     Os máis pequenos tamén se apuntaron a darlle unhas pasadas a lanzadeira.


     A música tradicional do grupo de gaitas Os Trasnos de Doade, as pandereteiras A Xariza de Parada, puxeron a nota musical durante toda a xornada, animando á xente, que incluso lle botaron varios bailes. 


     Como non podía ser doutra maneira esta Fia e tecido do liño rematou cunha merenda para todos os participantes e asistentes.




Museo Etnográfico Casa do Patrón
     O Museo Etnográfico Casa do Patrón é un museo no campo, con máis de 2.000 m2 de espazo para exposicións, distribuídos por tres edificios nun  museo etnográfico  onde máis de 4.500 pezas recollidas de todo Galicia están expostos. 


     Recolle  unha gran historia, símbolos auténticos de Galicia nos últimos tres séculos.


     O Museo Etnográfico ten trece salas de exposicións organizadas por tema, onde podes ver as antigas escolas, a través do estilo de vida dos nosos antepasados, comercios esquecidos, unha taberna, un forno ou unha forxa tradicional.



     A Casa do Patrón realizou unha serie de proxectos anuais para manter viva a tradición, recuperando vellas prácticas que actualmente están sendo perdidos, como a colleita de cereais, malla, moenda, sacrificio, magosto ...


     Ofrece o Museo Etnográfico Casa do Patrón actividades o ano tamén talleres para todo o público, tanto individualmente como como grupos familiares e escolares, asociacións, institucións e grupos de calquera tipo (pan, queixo, cestería, cancións populares, rutas fanse ,. .) tamén ten servizo de restaurante con comida caseira a petición.


     A Casa do Patrón , unha oda silenciosa para a grandeza da historia, a cultura, a espiritualidade ea beleza da paisaxe de Galicia.



Museo Etnográfico "Casa do Patrón"
     Codeseda, No. 7 Doade - 36519 Lalín (Pontevedra)
Horario:
     martes a domingo
     10: 00-14: 00 e 16: 00-19: 00



     Tel: 986 69 22 03
     teléfono: 635 93 98 90
     Fax: 986 78 73 41



e-mail:
     info@museocasadopatron.com
     casadopatron@gmail.com

Coordenadas
     Latitude: 42 ° 36 '32 "N
     Lonxitude 8 ° 7 '56" W


MAPA

SÍGUENOS EN :
 Facebook

 Twitter

Pinterest

 Google+
Fuente: Museo Etnográfico Casa do Patrón 
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901