RUINAS CAPILLA DE SAN LOURENZO
VILA DE ARRIBA
COTOBADE
Vila de Arriba é un lugar da parroquia de Santa María de Sacos, no concello pontevedrés de Cotobade.
A súa poboación no ano 2006 era segundo o IGE de 105 persoas (47 homes e 58 mulleres), o que supón un aumento de tres persoas con respecto ó ano anterior. É o lugar máis habitado da parroquia.
Alí atópase o petróglifo da Preiriña e o cruceiro de Vila de Arriba.
Santa María de Sacos
Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cotobade.
Segundo o padrón municipal de 2006 tiña 283 habitantes (129 homes e 154 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.
Patrimonio
A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico.
Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados.
Segundo Bango Torviso o estilo do aleiro da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.
Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010.
Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.
Lugares de Santa María de Sacos
O Cádavo, Dorna, As Eiras, Vila de Abaixo, Vila de Arriba
MAPA
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901