MUIÑO DA BARCIA
BARCIA DO SEIXO
RIO VERDUGO
A LAMA
Santa Ana da Barcia do Seixo é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (153 mulleres e 132 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 308 habitantes.
Lugares da Barcia do Seixo
A Barcia, O Borralleiro, Cambeses, Carballeira, Cernedo, O Eido da Tendeira, O Eido do Macho, Gabián, As Raíces, O Reconco, Ricovanca, Taboadelo, Os Tatos.
A Lama
A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña 2.763 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2.957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.
Xeografía
O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cotobade.
Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1.000 metros:
O Coto da Puza - Xesta 1.035 m
A Portela dos Xarotos - Xesta 1.025 m
A Pedra da Letra - Xesta 1.019 m
O Coto dos Pusallos - Xesta 1.007 m
O Foxo do Lobo - Xesta 1.001 m
O Seixo - A Barcia do Seixo 1.000 m
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros)
Comunicacións
A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cotobade.
Demografía
Segundo INE, no 2011 vivían 2.976 veciños no municipio, dos que 1.426 homes e 1.500 mulleres. O que supón un aumento do 0,33% respecto ao 2010, cando vivían 2.966 persoas no concello.
A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).
A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.
Parroquias da Lama
Antas (Santiago) A Barcia do Seixo (Santa Ana) Covelo (San Sebastián) Escuadra (San Lourenzo) Gaxate (San Pedro) A Lama (San Salvador) Seixido (San Bartolomeu) Verducido (San Martiño) Xende (San Paulo) Xesta (San Bartolomeu)
Historia
Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3.500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.
Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.
Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.
A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.
Turismo
A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
O PARAISO EXISTE
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
Google+
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901