EIRA DE LOBÁS
COSTOIA
LOBÁS
CARBALLIÑO
Carballiño
O Carballiño é a entidade de poboación máis recente da comarca. Xestouse ao redor da feira creada polos frades de Oseira no primeiro terzo do século XVII.
A súa condición de encrucillada, lugar de paso natural entre as Rías Baixas e o interior meridional de Galicia, e entre O Ribeiro e o norte de Portugal con Compostela, marcou tanto a orixe da feira como a súa consolidación e puxanza posteriores.
Naceu O Carballiño ao pé do camiño (s. XVII) nas terras do mosteiro de Oseira (s. XII), unha das abadías máis poderosas da Baixa Idade Media; converteuse no eixo da arrieiría tras popularizarse a súa feira (s. XVIII); acrecentou o interese xeral coa difusión dos poderes curativos das súas augas termais (s. XIX); emprendeu iniciativas industriais e comerciais, creando fábricas do papel, madeira, xabón e curtidos (s. XIX), e buscou novos horizontes, primeiro, alén das augas atlánticas (ss. XIX e XX) e, máis tarde, en Europa Central (s. XX), coma se a condición de emigrado lle viñese imposta co seu nacemento.
O seu nome herdouno do lugar, como sucede con tantos pobos. Os investigadores que se ocuparon de coñecer a xénese do topónimo coinciden nisto, aínda que discrepan na súa orixe.
Parece prevalecer, con todo, a teoría do apelativo cariñoso, que en Galicia adoita ser un diminutivo, como referente último. Segundo isto, O Carballiño, indicaría afecto cara a ese lugar poboado de carballos ou talvez no que algún deles sobresaíse.
En diversos períodos históricos o nome foi castellanizado erroneamente, sendo substituído por Carballino , palabra carente de significado algún, xa que o diminutivo castelán sería en todo caso roblecito.
Comarca do Carballiño
A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.
Lobás
Santa Ouxea de Lobás é unha parroquia do concello de O Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 256 habitantes, deles 124 eran homes e 132 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Igrexa de Lobás
Consta dunha soa nave, en xeral caracterízase pola sinxeleza das súas liñas. Non obstante destaca a fachada: Presenta unha espadaña de dous corpos e unha pequena urna coa estatua de Santa Bárbara sobre a ventá. O retablo maior é do século XVIII. Cabe destacar a prataría da Igrexa, principalmente un cáliz proveniente de San Paio de Antealtares.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Non e a eira de Costoia, e a de Mosteiro.
ResponderEliminarMoitas gracias por a aclaración
Eliminar