PARDESOA
FORCAREI
TERRA DE MONTES
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2012 tiña 3.916 habitantes. O seu xentilicio é forcaricense.
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín.
Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901