sábado, 21 de diciembre de 2013

MUIÑOS DE SEIRA - ROIS

MUIÑOS DE SEIRA
SEIRA
ROIS


     Rois atópase situado no suroeste da provincia da Coruña, entre as áreas xeográficas definidas pola Maía e o baixo Ulla. Ten unha extensión de 92,8 km2 e o seu territorio está formado por 12 parroquias que albergan 4.871 habitantes (Padrón municipal xaneiro 2012).


     Rois dista 20 km da capital de Galicia. Os seus principais núcleos, Rois e Urdilde, están comunicados con Santiago por estrada a través da AC-301 e da N-550 o primeiro e do CG-1.5 e AG-56 o segundo.



     Entre os puntos fortes da estrutura económica roisense destacan a gran cantidade de terras aptas para o cultivo e a súa explotación, a especialización gandeira, as grandes masas arbóreas para a explotación madeireira e a existencia de grandes empresas (aluminio, destilería, madeira etc.).




Destacados
     Aldeas con encanto: Silvarredonda e Angueira de Castro e Silvarredonda conta cun grupo de cinco muíños de auga en funcionamento unidos entre si por canles de grande envergadura que simulan acuedutos. Angueira de Castro pode percorrerse polos camiños de lousa baixo as altas vides para ver as súas casas con balconadas de pedras e chegar ao castro Lupario.



Campo de golf Val de Rois
     Campo con 18 buracos onde se pode gozar doutros deportes como pádel e tenis. Ademais, a súa cafetería e o seu restaurante abertos ao público fan deste espazo un lugar ideal para gozar con amigos e familia calquera día do ano. 



Castro de Socastro
     Situado en Herbogo e rodeado de natureza autóctona, o Castro de Socastro está configurado por un recinto principal de planta oval, delimitado por un parapeto de terreo. Este castro, que xerou gran cantidade de lendas de mouros, é visible desde todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Baleirón.

 

Pazo de Faramello
     Estanques, piscinas, fontes, canles, pozas naturais, xardíns… a fusión de pedra, auga e natureza transmite unha espiritualidade incomparable e achega ás orixes do Pazo de Faramello, unha antiga fábrica de papel. A Ruta da Camelia fai unha parada neste contorno espectacular, cargado de historia e dunha belleza natural incomparable.

 

Viacrucis de Sorribas (1698)
     O Viacrucis de Sorribas é un conxunto patrimonial (1698) que conta cun total de doce estacións situadas nunha paraxe natural de extrema beleza que os camiñantes souberon aproveitar na súa peregrinación ao Apóstolo. Unha fonte e a igrexa de San Tomé de Sorribas completan a fermosa estampa.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901