PETROGLIFO AUGA DOS CEBROS
PEDORNES
OIA
O Petróglifo de Auga dos Cebros atópase nunha pedra plana cunha sensible inclinación ao poñente, inmediata ao regato Vilar. Nos dous terzos superiores do petróglifo aparece representadas unha grea de trece cervos como cruzando ao galope o escenario cara á dereita agás nun único caso.
O modelo iconográfico destas figuras é o máis corrente na zona meridional do territorio da arte rupestre galaica, onde predomina un estilo local próximo ao esquematismo. Mención aparte merecen as tres figuras de maiores dimensións, que non se apartan das liñas xerais pero que presentan como particularidade o feito de ter os corpos gravados en plano rebaixado.
Pero o máis interesante do conxunto aparece no terzo inferior: a figura dunha embarcación, un tema excepcional nos gravados galaicos. Malia que gravemente afectada na súa integridade por un acto vandálico que borrou a zona central da figura, o que sobrevive é a representación dun navío de casco curvo, con proa e popa elevadas, mastro colocado máis preto daquela que desta e os correspondentes estais.
Todo –estilo iconográfico e características arquitectónicas– apunta á consideración de que o que está representado neste petroglifo é un navío de filiación mediterránea e de cronoloxía aproximada de finais do III Milenio a.C., perfectamente encadrable coa xeral da arte rupestre galaica.
A presencia desta embarcación súmase ás evidencias arqueolóxicas que falan a prol da presencia de navegantes mediterráneos nas terras atlánticas cando menos dende estes tempos de introdución da metalurxia.
Tamén é interesante a presenza de pequenos petróglifos nos arredores de Auga dos Cebros, como a descuberta dunha espada de folla triangular.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901