PONTE DA MISARELA - A POBRA
PONTE DA MISARELA
RIO BARBANZA
POBRA DO CARAMIÑAL
A CORUÑA
     A natureza garda os seus propios segredos e na Pobra do Caramiñal 
móstrasenos espléndida e pletórica de beleza. Máis aló dos gozos da ría 
descubriremos paisaxes dun encanto especial e lugares íntimos, montañas 
milenarias, vellos carreiros, e ríos serpenteantes a través de vales 
frondosos, en cuxos canles se forman curiosas piscinas naturais, rápidos
 e fermosas fervenzas.
      Nas parroquias do interior as augas fluviais do Pedras e do Lérez, os
 principais eixos da rede hidrográfica do municipio, discorren e 
reconfortan unhas paraxes insólitas por extraordinarios. Son unha xoia 
botánica e paisaxística, un máis dos atractivos do mundo rural.
     É o Pedras, como o menos coñecido Lérez,
 río de montaña, cunha canle pronunciada e abrupta. Fano famoso a 
sucesión de piscinas rústicas, oradas polo discorrer da auga para 
abrirse paso entre os lombos puídos do granito. A zona presenta unha 
notable diversidade en canto a flora e fauna, con especies autóctonas, a
 pesar de que as súas ribeiras foron alteradas con extensas plantacións 
de eucalipto.
     As piscinas naturais máis populares fórmanse no río Pedras.
 O desenvolvemento rápido e progresivo das súas augas favorece a 
profusión de saltos ou fervenzas, e os grandes charcos, ou piscinas, 
presentes no curso alto e medio da canle. De beleza tan natural como 
espectacular en torno ao lugar abandonado de Aldea Vella.
 Son paraxes nos que se desenvolven especies autóctonas, belas en 
calquera época do ano, pero especialmente no outono, con follas de tons 
avermellados, pardos e verdes.
      Ademais de refrescamentos, esta privilexiada contorna natural admite 
rutas de sendeirismo, bicicleta de montaña, barranquismo, e outras 
alternativas que aúnan a paisaxe e o deporte activo.
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901