MUIÑOS EN PONTE NAFONSO - ROO
MUIÑOS EN PONTE NAFONSO
ROO
NOIA
Santa María de Roo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Noia. Segundo o padrón municipal de 2004
tiña 605 habitantes (317 mulleres e 288 homes) distribuídos en 18
entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 682 habitantes.
Noia
A vila de Noia atópase a carón das plácidas e tranquilas augas da ría do
seu nome e ao pé da montaña do Barbanza. Podemos dicir que o mar
acariña as ribeiras da localidade urbana, mentres que os altos cumes
protexen a poboación dos temporais atlánticos.
Otero Pedrayo definiuna
como “unha pequena Compostela” e Cunqueiro fala dela como “unha Pisa
atlántica, branca, rosa, ouro”.
Certamente hai poucas vilas costeiras que dean unha impresión tan
inmediata dun pasado de esplendor nin pareza nacida para a grandeza tan
patentemente.
Varada nas ribeiras dun mar enxoito, un mar cada vez máis
distante e fuxidío, cal afiada proa dun navío en granito que se
prolonga nun mastro de velame en forma de ponte que voa sobre as augas
unindo as dúas marxes da ría, a vila histórica de Noia, lembra
nostálxica uns tempos idos de vila mariñeira, de cando ata ela chegaban
balbordos de ribeira, axitadas trasfegas de vida, de febril actividade
mercantil e pesqueira, de mariñeiros, mareantes e mercadores , e velas a
entrar e saír nos seus peiraos.
Este pasado de mar, hoxe non visto, ancorado en poderosas razóns
históricas, aparece escrito, porén, en múltiples pegadas na paisaxe
actual da vila para o observador informado.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901