MUIÑOS E BATAN DO MOSQUETÍN
VIMIANZO
A CORUÑA
O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín consta de
varios edificios: nos de arriba están os tres batáns e tres muíños, e
nos de abaixo catro muíños. Catro destes muíños estaban destinados ao
millo, dous eran en exclusiva para o trigo e outro era para o relón do
trigo.
Teñen moitos anos de antigüidade, xa que no Catastro de Ensenada, de
1753, fálase da existencia de dous batáns e de cinco muíños. Pero este
conxunto deixou de funcionar en 1966, pasando por diversas etapas de
deterioro e abandono, por intentos de recuperación, de creación dun
ecomuseo e de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), iniciativas
que case sempre saíron das asociacións culturais e veciñais da comarca.
Pero a súa reapertura ao pública e recuperación logrouse a partir de
1997, cando o conxunto foi mercado pola Deputación da Coruña, quen
restaurou os edificios e aparellos.
O batán, aínda que moita xente pense que se usaba para traballar o
liño en Galicia, realmente era para traballar o liño. Tiña uns pesados e
grosos mazos cos que se abatanaba, é dicir, batía os tecidos en mollado
durante horas e horas.
Cada cinco horas había que sacar os tecidos,
estiralos e volvelos a meter na pía. Deste xeito o tecido apretábase e
era máis compacto. Se a la era de boa calidade estaba preparada en 28
horas; e se era de mala calidade, precisábase o dobre de tempo.
O batán consta de tres pezas fundamentais: unha caixa ou mesa, dous
mazos e unha roda. A mesa ten unha cavidade onde se colocan as mantas ou
outros tecidos para abatanar. No Mosquetín abatanábanse sobre todo
mantas de la e viña xente de moi lonxe para isto.
E só se abatanaba no
inverno, porque no verán a auga se reservaba para que moeran os muíños.
Como curiosidade, a diferenza do muiñeiro, que cobraba en especie (en
millo), o bataneiro cobraba en metálico
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901