MUIÑO DE AS FERMOSAS
CARBALLEDA DE AVIA
OURENSE
Ruta dos Muiños
A ruta está formada por un conxunto de 24 muíños restaurados entre 2007 e 2009 con fondos europeos, dous talleres de emprego e fondos propios do Concello.
 Os 7,2 quilómetros do percorrido están divididos en seis etapas:
Atravesando as aldeas deshabitadas de Sariñás e Xunqueira chegaremos ás Fermosas. Antes de entrar na aldea, a ambos os dous lados do río Maquiáns encóntranse cinco muíños rehabilitados no ano 2009 por un taller de emprego municipal. A dous deles accédese desviándose á dereita do sendeiro principal e atravesando unha pequena ponte de madeira baixo a sombra dos bidueiros.

      Os outros tres muíños encóntranse no 
lado contrario do regato, rodeados de árbores autóctonas e abundantes 
fentos reais. Destaca a súa situación para aproveitar a escarpada 
orografía do terreo. Todas as construcións están abertas para poder 
pasar ao interior e ver a "moa". Xusto na entrada do camiño que conduce a
 este conxunto, pódense ver dous enormes carballos centenarios ocos por 
dentro.
Neste punto comeza a serra de Pena Corneira, que se estende cara ao punto máis alto, do mesmo nome, polo noroeste. O lugar exacto está marcado cun indicador.
Ao chegar á aldea das Fermosas hai un tramo de camiño empedrado que se desvía ao Curro das Laceiras e nun lateral deste, unha fonte pública onde repoñer forzas e un miradoiro con “canastros” (hórreos).
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 



No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901