O que empezou sendo unha iniciativa sen maiores pretensións
converteuse nunha grande atracción. Dende o ano 1995 un grupo de
veciños, en colaboración do concello, tomaron esta empresa como unha parte ineludible das festas navideñas. Desde
comezos de setembro, despois das súas horas de traballo, comeza a
actividade para a montaxe do Belén dese ano. Planifícase como se van
distribuír as máis de 3.000 figuras coas que conta o belén nos
douscentos cincuenta m² que ocupa., que novos grupos ou figuras se
poden innovar para esa edición, cales se poden mellorar.
E a partir de aí comézase a traballar: técnicos, carpinteiros, costureiras, modelistas,... cada un elaborando a súa parte para que esa nova figura “cobre vida”. Cada
ano o belén é totalmente distinto ao do ano anterior. En setembro
desmóntanse todo e a primeiros de decembro montase de novo con
distintos decorados e novas incorporacións tanto nos episodios
relixiosos como nos páganos Ás
figuras e decorados son feitos con pasta de papel, madeira, tea,
vexetais e poucos aderezos mais. Os motores que se usan para dar
mobilidade a estas figuras, son os usados nos coches como
limpaparabrisas. O traballo e artesán cen por cen.
No belén recóllense tanto detalles da tradición belenista como da
paisaxe e dos costumes propios de Galicia. Xunto as escenas clásicas do
pesebre, o Misterio do Nacemento de Xesús, os Magos de Oriente ou a
Matanza dos Inocentes, atopamos as tradicións propias da nosa terra: a
matanza do porco, a malla do trigo, o ferreiro; e mesmo detalles da
nosa pequena historia local: a fábrica do ladrillo, a procesión dos
lacóns, ...
Un conxunto de arte, historia, tenrura e tradición que ano a ano foi
medrando tanto en extensión como en pezas que se moven, polo que hoxe é
unha obriga que temos, dado que xa non só os veciños do concello senón
de toda Galicia achéganse a Valga para contemplalo
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog. Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos. Mis correos: Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra xoanarcodavella@gmail.com Telf - WhatsAp.: 600590901
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901