domingo, 1 de enero de 2023

ANTIGUA ESTACIÓN DA SIONLLA - SIONLLA DE ARRIBA - A ENFESTA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

 ANTIGUA ESTACIÓN DA SIONLLA

SIONLLA DE ARRIBA

A ENFESTA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estación da Sionlla
      A Sionlla era unha estación que ainda conserva a edificación con amplos muros, pórtico, solaina e galería na fachada principal.

     Atopase na parroquia de A Enfesta situada na Sionlla de Arriba, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Está situada na antigua liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros

A Enfesta
      San Cristovo da Enfesta é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 693 habitantes (370 mulleres e 323 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, 74 menos ca en 1999.

Etimoloxía
     O topónimo Enfesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente.

Historia
      Entre 1836 e 1962 foi capital do concello da Enfesta, que foi anexionado ao de Santiago de Compostela.

Patrimonio
     A igrexa de San Cristovo da Enfesta foi fundada no ano 1923. Ten unha planta simple e a fachada conta cunha torre con dúas campás. Hai unha estatua de San Cristovo que sacan de procesión o día da festa na segunda semana de xullo.

     Aos arredores da igrexa encóntrase o cemiterio, a casa do cura e un cruceiro que foi feito na mesma data que a igrexa.

Lugares da Enfesta
   A Aldea de Abaixo, Formarís, Frades, Gunín, A Igrexa, Piñeiro, Reboredo, A Sionlla de Abaixo, A Sionlla de Arriba, A Torre, Vilasuso

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE TREN DE CARRIL - CARRIL - VILAGARCÍA DE AROUSA

 ESTACIÓN DE CARRIL

CARRIL

VILAGARCÍA DE AROUSA

 Estación de Carril
     Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.

     Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Historia
     O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873.

     Na actualidade, consérvase o edificio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril en 2006.

      O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE BARRA DE MIÑO - BARRA DE MIÑO - COLES

 ESTACIÓN DE BARRA DE MIÑO

BARRA DE MIÑO

COLES

Estación de Barra de Miño
     Barra de Miño é unha estación de tren de Adif situada en Barra de Miño, no concello de Coles, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 36,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións dos Peares e Ourense-Empalme. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.    

     En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

 A estación
     Está situada a beiras do río Miño. O seu edificio para viaxeiros conserva o seu deseño orixinal. 


     É de base rectangular, dúas alturas e está recuberta por un tellado de catro vertentes. 

      Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE AREAS - AREAS - SOBER

 ESTACIÓN DE AREAS

AREAS

SOBER

 Estación de Areas
       Areas é unha estación de tren de Adif, situada en Areas, no concello de Sober, provincia de Lugo. 

     Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria

     A estación atópase no punto quilométrico 14,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 256 metros de altitude, entre as estacións de Canaval e Santo Estevo do Sil. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
       A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.

       Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. 

     En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
      Está situada ao oeste do concello de Sober, nunha zona escasamente poboada.

     Aínda que conserva o seu antigo edificio para viaxeiros este permanece pechado e está totalmente en desuso. 

     Isto converte o recinto nun simple apeadoiro dotado dunha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DA POBRA DO BROLLÓN - ESTACIÓN - A POBRA DO BROLLÓN

 ESTACIÓN DA POBRA DO BROLLÓN

ESTACIÓN

A POBRA DO BROLLÓN

 Estación da Pobra do Brollón
     A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia.

     Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria
       Está situada no punto quilométrico 350,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 416 metros de altitude, entre as estacións de Monforte de Lemos e O Freixeiro. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
      A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. 

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración en Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2011 Adif realizou obras de mellora das instalacións, como o recrecemento das plataformas, a substitución dos pasos peonís e melloras na cuberta, as portas e as fiestras do edificio de viaxeiros.

     En xaneiro de 2021 Adif adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de ampliación dunha das vías da estación ata os 750 metros de lonxitude para que os trens de mercadorías poidan quedar apartados nela, así como a supresión do paso a nivel próximo.

Servizos ferroviarios
     Os servizos de Media Distancia de Renfe que teñen parada na estación enlazan A Pobra do Brollón coa cidade de Ponferrada.

     Non obstante, non existe parada de ningún tren en sentido contrario. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA