miércoles, 16 de febrero de 2022

MUIÑO EN VILAR - RÍO CEO - CERDEIRA - AS NEVES

 MUIÑO EN VILAR

RÍO CEO

CERDEIRA

AS NEVES

Cerdeira
     San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.

     Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.

Economía
     A parroquia conta cunha granxa de cría de visóns. Esta parroquia tamén conta cunha granxa de cría de vacas

Festas
     Celebra a súa festa o día 26 de xuño na honra do seu patrón San Xoán de Cerdeira. Tamén se fai a festa da Virxe do Carme que ven sendo o 8 de agosto.

      Coñecida en toda Galicia polo seu requeixo feito de leite puro de vaca, cuxa festa gastronómica se celebra o Venres Santo na parroquia das Neves.

Lugares de Cerdeira
     A Aldea, O Eido de Abaixo, O Eido de Arriba, Empiade, A Fenteira, O Regueiriño, O Reguiño

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

     Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 15 de febrero de 2022

SARTEGOS DE SAN PEDRO FINS - TAMEL - CAMPO TAMEL - BARCELOS

 SARTEGOS DE SAN PEDRO FINS

TAMEL

CAMPO TAMEL

BARCELOS

      Os achados arqueolóxicos foron descubertos durante as obras de ampliación do cemiterio de Tamel San Pedro Fins, no concello de Barcelos. 

Considerados de relativa importancia, os restos arquitectónicos proceden dun edificio e tamén dun cemiterio que datan da Alta Idade Media.


São Pedro Fins de Tamel
       San Pedro Fins de Tamel era una fregresia portuguesa do municipio de Barcelos, distrito de Braga.

Historia
      Fue suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o unirse coa fregresia de Campo, formando a nova fregesia de Campo e Tamel (São Pedro Fins)‎.

Campo e Tamel
      Campo e Tamel (San Pedro Fins) (chamada oficialmente União das Freguesias de Campo e Tamel (São Pedro Fins)) es unha freguesia portuguesa do municipio de Barcelos, distrito de Braga.

Barcelos
      Barcelos é unha cidade portuguesa no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5 200 habitantes.

      É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124 555 habitantes (2008), dividido en 89 freguesías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal). O concello áchase limitado ó norte polos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e por Braga, ó sueste por Vila Nova de Famalicão, ó suroeste por Póvoa de Varzim e ó oeste por Esposende.

      D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. Está irmandada coa vila de Pontevedra.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 14 de febrero de 2022

CAPELA DA SEÑORA DAS NEVES - LABRUJA - CODECAL - PONTE DE LIMA

CAPELA DA SEÑORA DAS NEVES

CODECAL

LABRUJA

PONTE DE LIMA

Ponte de Lima
     Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

     É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 fregresías. O municipio limita o norte co concello de Paredes de Coura, o leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, o sueste con Vila Verde, o sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e o noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos.

       Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia
     O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia
      A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte.

     Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

      A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. 

       Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

      A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

      Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 13 de febrero de 2022

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE BALUGAES - BALUGAES - BARCELOS

IGREXA SAN MARTIÑO

BALUGAES

BARCELOS

 Iglesia de San Martiño
     A igrexa de San Martiño  de Balugaes, podese considerar unha das xoias do romanico no Camiño Central portugués a Santiago.

      A igresa primitiva foi consagrada por o obispo D. Pedro no seculo XI, e soportou moitas modificacions o largo dos seculos.

     De feito de ser la igrexa parroquial  fegresía ata 1927, na que pasou a ser igrexa parroquial o Santuario da Senhora da Aparecida.

Balugães
      Balugães e unha fregresia portuguesa do concello de Barcelos, con 2,98 km² de área y 863 habitantes (2001). Densidade de población: 289,6 hab/km².

Patrimonio
    Castro de Carmona

Barcelos
     Barcelos é unha cidade portuguesa no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5 200 habitantes.

     É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124 555 habitantes (2008), dividido en 89 freguesías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal).

     O concello áchase limitado ó norte polos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e por Braga, ó sueste por Vila Nova de Famalicão, ó suroeste por Póvoa de Varzim e ó oeste por Esposende.

     D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. Está irmandada coa vila de Pontevedra. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 12 de febrero de 2022

PETO DO CAMIÑO DA MOURADA - CASSOURADO - PAREDES DE COIRA

 PETO DO CAMIÑO DA MOURADA

CASSOURADO

PAREDES DE COIRA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA