jueves, 21 de octubre de 2021

IGREXA DE BOAZO - BOAZO - A TEIXEIRA

 IGREXA DE BOAZO

BOAZO

A TEIXEIRA

Boazo
     Santa María de Boazo é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. 

     No ano 2007 tiña 46 habitantes (20 homes e 26 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Boazo
     Boazo, Nogueira

A Teixeira
     A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. 

      Segundo o IGE no ano 2019 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; á parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.

     O seu xentilicio é «teixeirés».

 Paisaxe
      É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil.

     Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.

Parroquias da Teixeira    
     Abeleda (Santa María), Boazo (Santa María), Cristosende (Santa María), Fontao (San Bartolomeu), Lumeares (San Salvador), Montoedo (Santa Mariña), Pedrafita (San Martiño), Sistín (Santa María)

Comarca da Terra de Caldelas
      A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Demografía
     A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes.

     A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.

      A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos, que supera amplamente a media galega (47,48 anos). 

MAPA

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN XOÁN DE CAMBA - CAMBA - CASTRO CALDELAS

 IGREXA DE SAN XOÁN DE CAMBA

CAMBA

CASTRO CALDELAS

 Camba
     San Xoán de Camba é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 80 habitantes, deles 43 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.

Patrimonio
     En terras desta parroquia existiu o antigo mosteiro de San Xoán de Camba, fundado polo bispo Diego I (942-958) a mediados do século X. 

     Os únicos restos materiais deste mosteiro son tres pezas que conserva o Museo Arqueolóxico de Ourense: unha ventá xeminada e dous relevos figurados.

Lugares de Camba
     Casasoá, Montemiao, Piñeiroá, San Martiño, San Xulián

Castro Caldelas
       Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas.

      Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

      Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Xeografía
       Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra.

     O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

      O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.

Parroquias de Castro Caldelas
        Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)

Comarca da Terra de Caldelas
      A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Demografía
     A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes.

     A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.

      A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos, que supera amplamente a media galega (47,48 anos).  

MAPA 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 20 de octubre de 2021

IGREXA DA ASUNCIÓN DO BURGO - O BURGO - CASTRO CALDELAS

  IGREXA DA ASUNCIÓN DO BURGO

O BURGO

CASTRO CALDELAS

 IGREXA DA ASUNCIÓN DO BURGO
     Igrexa románica que ofrece no seu exterior unha variada gama de caneciños de formas antropomórficas (monstros e animais). 

     As dúas portadas restantes, as raíces das cales están tamén no románico, apuntan xa aos prolegómenos do gótico debido ao considerado apuntamiento das súas arquivoltas.

     Ao lado da igrexa, concretamente no muro norte pasaba o camiño real de Montederramo a Astorga.

San Pedro do Burgo

    San Pedro do Burgo é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 57 habitantes (28 homes e 29 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Lugares do Burgo
     O Burgo, Cacidrón, Piñeira, San Pedro

Castro Caldelas
       Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas.

      Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao»

      Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. 

     Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Xeografía
       Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra.

     O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

      O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados.

     O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.

Parroquias de Castro Caldelas
        Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)

Comarca da Terra de Caldelas
      A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense.

     Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.