lunes, 10 de mayo de 2021

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOIRO - LOIRO -BARBADÁS

   IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOIRO

LOIRO

BARBADÁS

  IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LOIRO
     Construida no século XII (1110) e modificada posteriormente.

     Pequena igrexa do románico rural, dunha soa nave. Conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica da primeira etapa.

     Dispón de dúas portas laterais ao exterior e na fachada principal ten unha porta con arquivoltas e tres baquetóns rodeando o tímpano, formado este con unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz.

     Sobre ela corre unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas.

     Na cuberta da nave hai unha cruz e no testeiro da ábsida un Agnus Dei. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

 Loiro

     San Martiño de Loiro é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás situada na estrada que une Ourense con Portugal pasando por Celanova e Bande.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres).

     A súa igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

Lugares de Loiro
     Loiro

Barbadás
     Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio é barbadés ou barbalatense.

Xeografía
     O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense.

     Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.

Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está a capela de San Xoán, de estilo neogótico.

     A igrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres mediacanas rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida un Agnus Dei.

     A ermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.

     A igrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.

     A igrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.

     O pazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.

     O pazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A leira está rodeada por un muro de pedra.

     A capela de San Amaro, en Barbadás, ten un peto de ánimas.

Parroquias de Barbadás     
     Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María), A Valenzá (San Bernabeu) 

MAPA 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 9 de mayo de 2021

CANASTROS DE UXEIRA - LOIRO - BARBADÁS

 CANASTROS DE UXEIRA

sábado, 8 de mayo de 2021

CAPELA DE SAN MAMEDE - MELIAS - VENTOSELA - PEREIRO DE AGUIAR

 CAPELA DE SAN MAMEDE

VENTOSELA

MELIAS

PEREIRO DE AGUIAR

 Melias
     Santa María de Melias é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 350 habitantes (185 homes e 165 mulleres), doce menos ca en 2006. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (Coles).

Lugares de Melias
      Agra, Bouzas de Fondo, Casdemiro, Cimadevila, O Condado, Espiñedo, Frieira, Lamagrande, Ouriz, As Peteiras, Ventosela 

Pereiro de Aguiar
     O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra.

     Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

Xeografía
      O concello, de 60,9 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sur do río Miño.

Historia
      Os restos arqueolóxicos sitúa aos primeiros poboadores nas "terras de aguiar" no Neolotíco. Aínda que sen catalogar pola administración de forma oficial, existen petróglifos e restos de mámoas-medorras. 

     Despois na Idade de ferro, as tribos castrexas ergueron os castros de Chaodarcas, Covas, Melias, Sabadelle e Outeiromeau; no chamado "Monte do Castelo" en Vilariño algúns sitúan a localización do mítico Monte Medulio.

      No lugar dos Baños atopáronse restos de cerámica e lápidas da época da romanización de Galiza.

Festas

     A romaría dos Gozos ten lugar no santuario da Nosa Señora dos Gozos. Nela hai oficios relixiosos, unha novena en honor á Virxe e unha procesión con numerosas ofrendas.

Parroquias do Pereiro de Aguiar    
     Calvelle (San Miguel), Chaodarcas (Santa Ana), Covas (San Cibrao), A Lamela (Santa María), Melias (Santa María), Prexigueiró (San Salvador), Sabadelle (San Martiño), San Martiño de Moreiras (San Martiño), San Xoán de Moreiras (San Xoán), Santa Marta de Moreiras (Santa Marta), Tibiás (San Bernaldo), Triós (San Pedro), Vilariño (Santa Cristina) 

MAPA

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA