lunes, 23 de noviembre de 2020

ALDEA ABANDONADA DE A BREXA - CORREDOIRA - CERDEDO - COTOBADE

 ALDEA ABANDONADA DE A BREXA

CORREDOIRA

CERDEDO COTOBADE

Corredoira
     San Gregorio de Corredoira é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. 

      Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.


Patrimonio
     Na parroquia está o Foxo do Lobo, os restos dun foxo de lobo feito para acantoar os lobos.

     Tamén se atopa nesta parroquia a carballeira de Don Elías, ó pé do monte Coirego.

      Desde este cumio, a 774 metros de altitude, vense as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

Festas
     A mediados de xuño ten lugar a festa do requeixo.


Lugares de Corredoira
     A Anta, O Carballal, O Casal, O Lombiño, O Lombo, O Meixoeiro, O Outeiro, A Pedra Picada, As Pozas, A Redonda, O Val

Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.
Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.


     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).

Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago) 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE SANTA LUCIA - RÍO PINTOS - RÍA DE ARRIBA - MARCÓN

MUIÑO DE SANTA LUCIA

RÍO PINTOS

RÍA DE ARRIBA

MARCÓN

Marcón
     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.


     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.


Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.


       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

      A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca


Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.

      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón Atl. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO PETO DE CARREGAL - A ERMIDA - MARCÓN

 CRUCEIRO PETO DE CARREGAL

A ERMIDA

MARCÓN


     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

    Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

      En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

MUIÑO DA BODEGA - CONDESA - MOURENTE

 MUIÑO DA BODEGA

CONDESA

MOURENTE

Mourente
     Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

     Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), 89 menos ca en 2008. Ten 27 entidades de poboación.

Historia
     Mourente constituíu concello de seu entre 1841 e 1867, abranguendo as freguesías de Bora, Marcón e Tomeza. O núcleo urbano de Monte Porreiro viviu un espectacular crecemento demográfico desde mediados do século XX.

      Na segunda netade do século XX Mourente tornouse unha parroquia periurbana. Ao estremar polo oeste coa cidade de Pontevedra, a parroquia viuse profundamente afectada polo desenvolvemento urbano desta última.

     É a parroquia do concello de Pontevedra que máis poboación perdeu polo éxodo urbano, cunha diminución de máis dun 30% entre 1981 e 2012.

     Así e todo, a viciñanza con Pontevedra tamén implicou a creación en Mourente de infraestruturas clave. De feito, na parroquia encóntrase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia, así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.


Patrimonio
     A igrexa parroquial está dedicada a Santa María, padroeira da parroquia na súa advocación da asunción. O remate da construción do templo e do seu adro data de 1769. Ten unha planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco con influencia do neoclásico, sobre todo na súa fachada. Para a súa construción empregáronse materiais da antiga igrexa medieval.

     No interior da igrexa encóntrase o famoso Mouro de Mourente, un atalante de gran tamaño esculpido en granito e que sostén o púlpito. O Mouro de Mourente é obxecto dunha lenda difundida por Antonio Blanco Freijeiro no álbum Pontevedra, boa vila (1947) do debuxante Agustín Portela Paz.

Ademais da igrexa parroquial hai tres capelas na parroquia:
        A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada.


    A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.


    A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas
     O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto).

     En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Lugares de Mourente
    Areás, A Bouza, Os Campos, Carabelos, Casas Novas, Condesa, Cons, Eirós, Freixeiro, A Laxe, Moldes, Monte Porreiro, O Monte, Mourente, O Outeiro, O Pazo, A Raxeira, San Amaro, Santa Margarida, Vilaverde 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA