lunes, 21 de septiembre de 2020

PETRÓGLIFO DA PEDREIRA ( CONXUNTO Nº4 ) - VENTOSELA - REDONDELA

 PETRÓGLIFOS DA PEDREIRA 

( CONXUNTO Nº4 )

VENTOSELA

REDONDELA

     Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

     Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.


     A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe.

     Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre.

     As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Historia
     Os petróglifos máis antigos datan do Paleolítico Superior pero aumentan o seu número extraordinariamente no Neolítico, aproximadamente hai 10.000 ou 12.000 anos.


     Máis adiante, fai ao redor de 7000 ou 9000 anos comezaron a aparecer outros sistemas de escritura como a pictografía e os ideogramas.

     Os petróglifos seguiron sendo moi comúns e algunhas sociedades menos avanzadas continuaron utilizándoos durante milenios, ata o momento de entrar en contacto coa cultura occidental no século XX.


     Atopáronse en todos os continentes, exceptuando a Antártida, aínda que se concentran especialmente en partes de África, Escandinavia, Siberia, o suroeste de Norteamérica e Australia.

Ventosela
     San Martiño de Ventosela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2014 tiña 750 habitantes (377 homes e 373 mulleres). Están distribuídos en dúas entidades de poboación (355 en Castiñeira e 395 no Vilar do Mato). Ten unha superficie de 8 km².


Barrios e Lugares
     A parroquia de San Martiño agrupa dous barrios claramente diferenciados, O Vilar do Mato, cara a ría de Vigo, e Castiñeira cunha situación netamente interior. Cada entidade ocupa as ladeiras do monte. O punto de unión social e xeográfico entre ámbolos núcleos é o lugar elevado onde se atopa a igrexa parroquial de San Martiño, o camposanto e a escola
de párvulos que aínda segue en funcionamento.

     Vilar do Mato é unha agrupación de varios lugares ben diferenciados, artellados ladeira abaixo en varios socalcos. As casas están maiormente situadas unha tras doutra ao longo da estrada que une o lugar a Pantalla (cruzamento coa estrada N-550) e a estrada cara Castiñeira e a veciña parroquia de Reboreda. Os principais sub-núcleos son O Eido de Arriba, o Cotiño, Fontecova e o Eido de María.


     Castiñeira ten unha disposición semellante con varios lugares (como A Carosa) estruturados arredor dunha estrada que remata no monte.


Lugares de Ventosela
     Castiñeira, O Vilar do Mato 


MAPA

 
 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

MUIÑO DO CAMPO - BOUZAS - CAROI - RÍO ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DO CAMPO

RÍO ALMOFREI

BOUZAS

CAROI

CERDEDO COTOBADE

Río Almofrei
     O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra.

     É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.


Étimo
     A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores.


     Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.     Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra, que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.

Fontes
     O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.

Percorrido
     Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río.



     Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.

Afluentes
     Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.

Réxime hídrico
     O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.

Intervención humana
Construcións
     Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.

Caroi
     Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.

Historia
     O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.

Poboación
     Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños.


     No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.


Patrimonio
     Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.

     Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe. 

MAPA

 
 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SAN MAMEDE DE PUGA - PUGA - TOÉN

 IGREXA DE SAN MAMEDE DE PUGA

PUGA

TOÉN

Puga
     San Mamede de Puga é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense.

     No ano 2007 tiña 280 habitantes (145 homes e 135 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 34 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
      A igrexa parroquial de San Mamede está no núcleo principal da parroquia, A Eirexa. A segunda fin de semana de setembro celébrase unha festa na honra da Virxe do Perpetuo Socorro.

      Nesta parroquia está a torre solar dos Puga, donos de moitas terras e casas na comarca. A finais do século XV e comezos do XVI a torre de Puga pertencía ao cabaleiro Gonzalo de Puga, soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense.

      Na parroquia está tamén o Pazo do Olivar, que a mediados do século XIX pertencía a Fernando de Puga.

Lugares de Puga
     Castiñeiras, Celeirón, A
Eirexa, A Estrada, Paredes, O Pazo, As Penelas, Puga, San Fiz


Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa c
apital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.


     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.


Parroquias de Toén
      Alongos (San Martiño), Feá (Santa María), Moreiras (San Pedro), Mugares (Santa María), Puga (San Mamede), Toén (Santa María), Trelle (Nosa Señora dos Anxos), Xestosa (Santa María) 

MAPA

 
 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA



domingo, 20 de septiembre de 2020

CASETA FORESTAL DO MONTE GALIÑEIRO - SERRA DO GALIÑEIRO - VINCIOS - GONDOMAR

 CASETA FORESTAL DO GALIÑEIRO

MONTE GALIÑEIRO

SERRA DO GALIÑEIRO

VINCIOS

GONDOMAR

 Monte Galiñeiro
     O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.

     O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.


Etimoloxía
     O topónimo "Galiñeiro", habitual na Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".


Xeoloxía
     A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. 

     A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. 

     Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.


     Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.

Arqueoloxía
     Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.).


Serra do Galiñeiro
     A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL.

     Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Vincios
     Santa Mariña de Vincios é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar.

     Segundo o IGE en 2012 tiña 2.059 habitantes (1.030 mulleres e 1.029 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.877 habitantes.

Patrimonio
     No monte Galiñeiro están os petróglifos de Auga da Laxe. varias rochas gravadas nunha chaira aberta cara á ría de Vigo.

     A Pedra das Procesións ten na súa cara, inclinada cara ao sueste, un conxunto de figuras representando modelos concretos de armamento da primeira fase da metalurxia no territorio galaico, hai uns 4500 anos. Aparecen representadas coa punta cara a arriba e a maior escala do seu tamaño real.

Lugares de Vincios
   Os Arcos, A Atalaia, Bichicáns, Os Borreiros, Brandufe, O Caeiro, Os Casás, A Cernada, O Covelo, Ervillás, Figueiró, A Fraga, Guisande, A Lameira, A Laxe, Os Muíños, Os Nandíns, O Outeiro, A Pasaxe, Piñeiro, A Resteba, A Rocha, O Salgueiro, A Serra, A Torre, O Tumbio, A Veiga, Xián

MAPA

  

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA