sábado, 2 de mayo de 2020

O COXO DAS VEIGAS - CONTO

O COXO DAS VEIGAS
REBORDAOS
CASTROVERDE

Coxo das Veigas
     A historia refírese ao chamado Coxo das Veigas, localizada na parroquia de Rebordaos,concello de Castroverde (Lugo).

     Nesta parroquia existía un home, chamado así, Coxo das Veigas, pola perna mancada que tiña. De idade indefinida, nin novo, nin maior, vivía só cunha criada aínda nova chamada Loliña. 

     Naquela casa, segundo os veciños, pasaban cousas raras. Un día, xa de anoitecida, óuvense uns berros e, ao pouco, a criada correndo polo pobo berrando e chorando desconsolada. Aos poucos, os veciños vanse concentrando ao redor da casa do Coxo para ver que pasaba. 

     Todo eran comentarios. Os homes falaban entre eles e as mulleres non facían outra cousa que facer a cruz, rezar e falar polo baixiño entre elas, murmurando.

     De súpeto, as xanelas da casa ábrense de maneira violenta, todas ao mesmo tempo e óuvense berros e gargalladas, como doutra dimensión. Ante estes feitos, empézanse a concentrar novos veciños, até case xuntarse todos os da parroquia. 

     Os únicos que tomaban a chanza a situación eran algúns dos mozos que celebraban entre risos e alborozos o que estaban a presenciar.

     Como era hora próxima á cea e os berros seguían ouvíndose, un dos mozos dixo en voz alta:
     ─Pois xa que estamos aquí e aínda non ceamos, podían darnos algo que levar á boca.
Meu dito, meu feito. Nese mesmo instante empezaron a saír, con brío, patacas polas xanelas da casa, apuntando cara os veciños. Un mozo, o máis gracioso da reunión, dixo o seguinte:
     ─Pois xa que ceamos patacas, mellor que saian cachelos.
     O mesmo; meu dito, meu feito. Inmediatamente empezaron a saír, ben quentiños, cachelos polas xanelas, o que foi celebrado pola mocidade mentres que o resto dos presentes tiña máis medo ca cu.

     Unha vez deixaron que de saír as patacas cocidas, das que deron boa conta, os veciños foron retirándose aos poucos ás súas casas.
     Á mañá seguinte o Coxo saíu coma todas mañás aos seus traballos e regresou xa atardecido novamente á súa casa.

     De Loliña nunca máis volveu saberse. Dise que retornou á súa casa de Espasande, onde vivían os seus pais e irmáns, unha familia de caseiros. Nunca máis se volveu a falar do sucedido pero algún veciño atreveuse a dicir que o Coxo, senón era ou demo, tiña que ter tratos con el.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Web galiciaencantada
Jose Enrique Villarino Valdivielso
XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DO FOLON - RÍO XABRIÑA - PRADO DA CANDA - COVELO

PONTE DO FOLON
RÍO XABRIÑA
PRADO DA CANDA
COVELO

Prado de Canda
     Santiago de Prado de Canda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 93 habitantes (49 mulleres e 44 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 107 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 75 habitantes, sendo 34 homes e 41 mulleres.

Lugares de Prado de Canda
     A Aldea de Baixo, A Aldea de Riba, O Carballal, A Arigua, A Bouza, As Casanovas, Cavadiña, A Costa, Os Loureiros, O Outeiro, A Porteliña

Covelo
     Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio  é «covelense».

     Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.

Patrimonio
     Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Parroquias de Covelo
     Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 1 de mayo de 2020

A MALDICION DE SAN MARTIÑO DE NOIA

A MALDICION DE SAN MARTIÑO DE NOIA
NOIA

A maldición de San Martiño de Noia
     A igrexa de San Martiño de Noia (A Coruña), construída na primeira metade do s. XV, está sen rematar. Fáltalle unha das torres, a esquerda, e crese que está maldita pois parece que o arquitecto, ou o canteiro, que realizaba a obra morreu de estraña maneira. Por unhas ou outras razóns, sempre con accidentes interpostos, a obra non se puido rematar nin se aconsella que se intente se non se quere morrer no intento.

     O director de cine Claudio Guerín Hill (Sevilla, 1939) morreu cando gravaba en Noia, coa igrexa de San Martiño de decorado, a súa segunda película. Para gravar os últimos planos simulou con material funxible a torre que faltaba e, disque por maldición, caeu desde un andamio colocado entre as dúas torres, a uns 20 metros de altura, e matouse. Era o 16 de febreiro de 1973, a primeira hora da tarde; tiña 35 anos. No chan da Praza do Tapal hai gravada unha cruz que indica o punto exacto  onde caeu o seu corpo.

     Hai quen afirma que a causa da morte non foi ningunha maldición senón un suicidio voluntario. A película rematouna Juan Antonio Bardem, está clasificada dentro do xénero de terror e titúlase “La campana del infierno”; non tivo moito éxito.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Web galiciaencantada
XOAN ARCO DA VELLA

AS XESTAS NO MES DE MAIO

 AS XESTAS EN MAIO

     O primeiro día de maio, as ramas desta planta totalmente cubertas pola súa fermosa flor amarela, engalanan as portas e fiestras de moitas casas, os barcos de pesca, os parabrisas dos camións, automóbiles, e ata motos...... 

     Este costume tan estendida, ten como obxecto protexer ás persoas, ao gando e ás propiedades contra calquera maleficio, especialmente o mal de ollo, ao longo do ano.

     Pero tamén é a flor dos namorados, que os mozos entregaban ás raparigas que pretenden, si esta a aceptá, da a entender que tamén o aceptaba como pretendiente.

     Aínda hai unha costume máis curiosa e bastante estendida na actualidade, sobre todo nas inmediaciones da ermida da Franqueira, na Cañiza, e tamén en terras do Deza, na comarca de Lalín. 

     Aquí é frecuente ver xestas que teñen nos seus extremos un nó, o que chama poderosamente a atención dos camiñantes que percorren estes paraxes, o obxecto destas ataduras tan singulares,  é unha antiga crenza moi enraizada na cultura popular.
Que di:
     As moziñas casadeiras, peregrinas da Franqueira que, dobrando unha ramiña de xesta e dándolles voltas só cun dedo se acertan a anudala, cásanse nun ano. 
E segue:
     Que cores de cereixa lle saíron ás fazulas [mofletes] a aquela rapaciña que, ao pasar, sorpredemola atarefada en darlle voltas á pola dá xesta.

Noutras comarcas, o obxecto destes nós é outro:  
     Cando un neno está enganido, é dicir, está debilitado ou consumido, normalmente pola acción dun mal de ollo ou por unha meiga chuchona, ou polas malas artes do xenio maléfico chamado tarangano, que lle chupa o sangue á criaturita, nestes casos, unha forma de curalo consiste en facer un nó coa man esquerda; si a xesta sobrevive co nó, o rapaz sanará.

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog talourcera
XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE CAMPADOS - RÍO AZAL - PRADO DA CANDA - COVELO

 MUIÑO DE CAMPADOS
RÍO AZAL