miércoles, 22 de enero de 2020

MUIÑOS NO REGO DE CABANELAS - CABANELAS - VIASCÓN - CERDEDO COTOBADE

MUIÑOS NO REGO DE CABANELAS
REGO DE CABANELAS
CABANELAS
VIASCÓN
CERDEDO COTOBADE

Cabanelas
     Cabanelas é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 



     Segundo o IGE en 2016 tiña 41 habitantes (20 homes e 21 mulleres), sete máis ca en 2006.


     Neste lugar está a piscina fluvial do río Cabanelas, a carón dun muíño.


Viascón
     Santisgo de Viascón e unha paroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.


Patrimonio
     Nesta parroquia está o grupo de petróglifos da Portela da Laxe.


Lugares de Viascón
     A Atalaia, A Bouza, Cabanelas, O Camiño Novo, O Castro, A Costa, A Costiña, Cuíñas, O Mallo, Quintán, O Valiño, Viascón



Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².



     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.



Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras.


Cotobade
     En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.


    O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). 
 


     Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74)


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 21 de enero de 2020

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE POUTOMILLOS - POUTOMILLOS - LUGO

IGREXA DE SAN MARTIÑO
POUTOMILLOS
LUGO


Poutomillos
      San Martiño de Poutomillos é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 tiña 34 habitantes, deles 19 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.



Lugares de Poutomillos
       O Carballo, Recimil, Uceira, Vilar



Comarca de Lugo
     A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo.



     A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.



Parroquias de Lugo
Adai (Santa María Madanela), Bacurín (San Miguel), Bascuas (Santa María), Bazar (San Remixio), Benade (Santo Estevo), Bocamaos (San Xillao), Bóveda (Santa María), O Burgo (San Vicente), Calde (San Pedro), Camoira (Santo Estevo), Carballido (San Martiño), Coeo (San Vicente), Coeses (Santa María Madanela), Cuíña (Santalla), Esperante (Santalla), Gondar (Santa María), Labio (San Pedro), Lamas (Santalla), Lugo, Mazoi (Santalla), Meilán (Santiago), Monte de Meda (Santa María Madanela), Muxa (Santa María), Ombreiro (San Martiño), Orbazai (San Miguel), O Outeiro das Camoiras (San Salvador), Pedreda (San Vicente), Pías (San Vicente) - Piúgos (Santiago), Poutomillos (San Martiño), Prógalo (Santiago), Recimil (San Lourenzo), Ribas de Miño (San Mamede), Romeán (San Pedro), Rubiás (San Xillao), Saa (Santiago), San Mamede dos Anxos (San Mamede), San Martiño de Piñeiro (San Martiño), San Pedro de Mera (San Pedro), San Román (Santa Cristina), San Salvador de Muxa (San Salvador), San Xoán de Pena (San Xoán), San Xoán do Alto (San Xoán), San Xoán do Campo (San Xoán), Santa Comba (San Pedro), Santa María de Alta (Santa María), Santa Marta de Fixós (Santa Marta), Santalla de Bóveda de Mera (Santalla), Santo André de Castro (Santo André), Soñar (San Pedro), Teixeiro (Santa María), Tirimol (San Xoán), Torible (Santa Mariña), O Veral (San Vicente), Vilachá de Mera (San Xillao)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
 

SALTO DE FOFIN - RÍO PEREIRO - VEDRA

SALTO DE FOFIN
RÍO PEREIRO
VEDRA


Vedra
     Vedra é un pequeno municipio da provincia da Coruña, cunha extensión de 53 km2 e que está situado ao suroeste de Santiago de Compostela, na marxe norte do río Ulla, límite natural coa provincia de Pontevedra.



     O seu territorio está formado por 12 parroquias e ten unha poboación de 5.032 habitantes



     Dista 16 km da capital de Galicia, coa que está comunicado por estrada a través da N-525 Santiago-Orense que conflúe na Ponte Ulla coa AC-241 (A Ponte Ulla - Pontevea). 


     Tamén se pode chegar pola Autopista AP-53 (Santiago-Ourense) tomando a primeira saída (Ribadulla: A Ponte Ulla, P.K. 14).


     Dúas liñas de autobuses das empresas Mombús e Seoane enlazan cada unha das parroquias con Santiago.



     O característico microclima deste val convérteo nun lugar idóneo para a agricultura, reflectido na existencia de prados, hortas e viñedos, que producen a variedade de viño albariño amparada pola Denominación de Orixe Rías Baixas - Subzona Ribeira do Ulla. Vedra é coñecido como o "Horto e xardín de Compostela".



     Os afeccionados ás actividades ao aire libre en contacto coa natureza, atoparán no Concello de Vedra, un marco incomparable. 


    As rutas de sendeirismo permitiranos gozar dá paisaxe recorrendo a pé camiños salpicados de muíños, ermidas, pazos.. pero, sobre todo, natureza.


Senderismo
     Hai tres percorridos diferentes que ou visitante pode facer: a ruta do Pereiro, a ruta dúas muíños e a ruta de San Xoán dá Cova.



Ruta do Pereiro
     Distancia: 5 Km. Duración: 2 h Dificultade: Media



Muiños do Pereiro
     Localizar na parroquia de Vedra. Partindo dá casa do Concello, en dirección a Illobre, a medio camiño, atopamos un indicador (punto de partida) que nos conduce en paralelo ao río Pereiro , e que nos permite ver toda unha serie de muíños , salpicados aquí e acolá, algún deles segue funcionando hoxe en día.



     A poucos quilómetros río arriba localizar a fervenza do Pereiro que co ruído dous seus cachóns racha ou silencio dá paisaxe. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 19 de enero de 2020

PONTE NO RÍO LADRA - SANTIAGO DE GAIOSO - OUTEIRO DE REI

PONTE NO LADRA
RÍO LADRA
SANTIAGO DE GAIOSO
OUTEIRO DE REI


Río Ladra
     O río Ladra é un curso de auga galego que percorre o oeste da Terra Chá luguesa.


Curso
     Ten como cabeceiras aos ríos Madanela e Trimaz, que lle dan nacemento ó xuntarse, e desemboca no río Miño. 



     Como afluentes principais, pola esquerda ten o río Fabilos, e pola dereita, o río Labrada e o río Parga.


Santiago de Gaioso
     Santiago de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.


     No ano 2007 tiña 176 habitantes, deles 94 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


A Penas de Rodas
     A Penas de Rodas é unha formación xeolóxica que deixou á vista dúas rochas ciclópeas e xemelgas, a escasa distancia unha da outra, sobre un penedo común.


     Na actualidade na zona mantense unha área recreativa cun palco para a romaría que alí se celebra.


     Está situada na parte oeste da parroquia.


Lugares de Santiago de Gaioso
     Bandelo, Curutela, Eirexa, A Feira, Lama, Longarela, Paradela, A Ponte, As Rozas, Xueus

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA