domingo, 19 de enero de 2020

MUIÑO DA PONTE - RÍO LADRA - SANTIAGO DE GAIOSO - OUTEIRO DE REI

 MUIÑO DA PONTE
RÍO LADRA
SANTIAGO DE GAIOSO
OUTEIRO DE REI


Santiago de Gaioso
     Santiago de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 tiña 176 habitantes, deles 94 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


A Penas de Rodas
     A Penas de Rodas é unha formación xeolóxica que deixou á vista dúas rochas ciclópeas e xemelgas, a escasa distancia unha da outra, sobre un penedo común. 



     Na actualidade na zona mantense unha área recreativa cun palco para a romaría que alí se celebra. 


     Está situada na parte oeste da parroquia.


Lugares de Santiago de Gaioso
     Bandelo, Curutela, Eirexa, A Feira, Lama, Longarela, Paradela, A Ponte, As Rozas, Xueus


Río Ladra
     O río Ladra é un curso de auga galego que percorre o oeste da Terra Chá luguesa.



Curso
     Ten como cabeceiras aos ríos Madanela e Trimaz, que lle dan nacemento ó xuntarse, e desemboca no río Miño. 



Como afluentes principais, pola esquerda ten o río Fabilos, e pola dereita, o río Labrada e o río Parga. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PONTE CABALAR - RÍO FERREIRA - GUNTÍN

PONTE CABALAR
RÍO FERREIRA 
GUNTÍN


Ponte Cabalar
     Salvando o río Ferreira, por esta ponte atravesaba a vía romana XIX que unía Braga e Lugo.


      Foi construída en laxes de lousa, e ten tres arcos de medio punto sobre grosos piares tamén de lousa con tallamares triangulares.


Río Ferreira
     O río Ferreira é un afluente do Miño pola súa marxe dereita.


     Recibe seu nome do lugar de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín, onde desde época medieval se asentou un mosteiro.


Percorrido
     Nace na Serra do Careón, a uns 750 m de altura, no concello de Palas de Rei, e despois de atravesar este, penetra no de Guntín, para finalmente, despois de cerca de 38 km de curso, unirse ao Miño, no límite entre entre os concellos de Guntín e Portomarín (aos que serve de linde natural durante bos tramos).


     Como a meirande parte dos ríos galegos acolle nas súas augas á fermosa troita. Todo o seu curso é zona libre de pesca ata que en 2008 vedaron varios quilómetros no concello de Guntín.


     A superficie da súa conca é de 383 km².


Réxime hídrico
     O Ferreira é un río de réxime pluvial.


Afluentes
     A maior parte dos seus tributarios son ríos e regos de curto percorrido, destacando:


    Dereita: río Parada
    Esquerda: río Lavadoiro


Homonimia
     Hai outros ríos e regos galegos, denominados tamén de Ferreira, aínda que teñen entidade menor.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 16 de enero de 2020

TORRE DE SOBRADA - A TORRE - SOBRADA DE AGUIAR - OUTEIRO DE REI

 TORRE DE SOBRADA
A TORRE
SOBRADA DE AGUIAR
OUTEIRO DE REI


Torre de Sobrada
     Levantada no s. XV por Fernán Pérez de Ribadeneira, tivo que ser reconstruída tras ser derrubada en 1467 polos irmandiños; presenta na actualidade un estado de conservación deficiente, sendo propiedade da familia D. Andrés Segundo Guerra Pita.



     A torre, fabricada con cachotería de lousa, é de forma cadrada e mide 9,35 metros de lado e 15 metros de altura. 



      Presenta tres corpos ou pisos, así como ventás de granito e antano unha porta, tamén de pedra granítica, que sen dúbida poñía en comunicación a torre co Pazo de Sobrad) no que se atopaba un escudo procedente da citada torre.


Sobrada de Aguiar
     Santa María Madanela de Sobrada de Aguiar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 tiña 146 habitantes, deles 72 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Patrimonio
     O Castro de Riazás está situado nunha leira de propiedade privada, segundo a tradición popular uníase á Torre de Sobrada a través dunha galería subterránea. 



     A torre, derrubada polos irmandiños en 1467, foi construída no século XV por Fernán Pérez de Ribadeneira sobre unha edificación anterior.


      A uns metros da Torre de Sobrada atópase a Casa de Sobrada con escudo cuartelado con armas de Andrade, Aguiar e Ribadeneira (hoxe no Museo Provincial de Lugo).



Festas
    Virxe da Madalena, o domingo máis próximo ao 22 de xullo.



Lugares de Sobrada de Aguiar
     Cancela, A Carreira Vella, Curutín, Faxilde, Gabín, Laxe, Piñeiro, Riazón, A Torre 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

TORRE DE TABOI - TABOI - PACIO - OUTEITO DE REI

TORRE DE TABOI 
TABOI
PACIO
OUTEIRO DE REI


Torre de Taboi
     Primitivo solar dos Saavedra, do que hoxe só resta en pé unha torre incompleta, en estado ruinoso, parcialmente cuberta de maleza.


     Presenta unha forma de pirámide truncada de base cadrada, ou case; fábrica en cachotería de lousa e chea ata un tercio de altura, aproximadamente, de cascallos.


     Presenta na fachada S.O. cunha única porta de acceso, que corresponde á desaparecida ponte levadiza, mentres que na parte alta S.E. hai unha pequena fiestra con lintel triangular de granito.


     Do pazo propiamente dito, podemos citar dúas casiñas unidas, xa desaparecidas, segundo palabras de Manuel Vázquez Seijas -pouco maiores cá unha casa antiga de labrador pobre-: A casa de Bordón e a casa do Pacio.



Taboi
     San Pedro de Taboi é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 


     No ano 2007 tiña 87 habitantes (47 homes e 40 mulleres), catro menos ca en 2006.



Patrimonio
O Pazo de Taboi, primitivo solar dos Saavedra, composto por varias casas, entre elas a Casa do Bordón e a Casa do Pacio. 


     Na actualidade só quedan os escudos de armas inseridos nas fachadas das dúas casas, emprazados agora na fachada da Casa de Bordón e a Torre de Taboi.


Lugares de Taboi
     Fontela, Fraiz, Pacio, O Pasadoiro, O Pereiro, A Peroxa, Prado da Cal, San Marcos, Trasfonte, Vilasusá, Xigán

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Concello de Outeiro de Rei
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 15 de enero de 2020

CAPELA DO ROSARIO - BRAVOS - VICINTE - OUTEIRO DE REI

CAPELA DO ROSARIO
BRAVOS
VICINTE
OUTEIRO DE REI


Capela da Confraría da Nosa Señora do Rosario
     Situada en Bravos (Vicinte), cando esta aldea foi suprimida como parroquia, no amaño parroquial de 1890, deixou de ser igrexa para pasar a subsistir como capela da confraría da Virxe do Rosario (fundada en 1704).


     Esta capela, de pedra de cantería, foi obxecto de varias reformas, algunhas dos primeiros anos do século XV de acordo á inscrición que recollemos máis tarde. 


     Na actualidade o monumento consta dunha nave e ábsida rectangulares, este máis reducido cá nave, ó modo clásico do románico rural. 


     Pero non conserva elemento algún desta primitiva fábrica románica, non anterior á segunda metade do século XII, agás as medidas.


      A parte principal ábrese cun arco de medio punto ó interior e apuntado ó exterior. 


     Cingue un tímpano adintelado esculpido cunha cruz con entrelazos uniformes abrazada por unha circunferencia.


     No muro Sur hai unha parte cun arco de medio punto, ademais dun tímpano decorado cun disco no que destaca un castelo de tres torres amearas. 


     Á dereita do disco leva unha inscrición en carácteres monacais e distribuída en catro liñas. 



Vicinte
     Santa María de Vicinte é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 96 habitantes (54 homes e 42 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.



Patrimonio
     Na aldea de Vicinte localízase un castro. 



     A Capela de Bravos é de orixe románico rural; preto dela sobresae dunha pena firme unha sepultura tallada na mesma pedra.


     En Bravos existe un Centro de Interpretación Avifauna.


Festas
    Virxe de Fátima, o 13 de maio.



Lugares de Vicinte
     Bravos, Bustelo, As Carballeiras, Fontefría, A Insua, Sancroio, Vicinte, Vilarelle 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA