domingo, 10 de noviembre de 2019

PETROGLIFO OUTEIRO DAS MINAS - A ARMADA - SALCEDO

PETROGLIFO OUTEIRO DAS MINAS
A ARMADA
SALCEDO

     Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é a sermos dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na “Historia de Galicia” de Manuel Murguía en 1901.

     O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famoso “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.

Vilar de Matos
     O de Vilar de Matos foi un dos primeiros petroglifos estudados na Galiza. O histórico Ramón Sobrino Buhigas, pioneiro investigador arqueolóxico nado na cidade de Pontevedra, xa fala del na súa mítica obra “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos.

     En Vilar de Matos atopamos un gravado rupestre situado nunha finca privada. A laxe esta   situada a escasos metros da sinalización da estrada e rodeada dun monte de eucaliptos .

     Esta roca  sobresae levemente do nivel do solo e presenta gravados a base de numerosas cazoletas ciscadas por toda a superficie ( illadas, ou  agrupadas) así como outros trazos atípicos (riscos paralelos, cruciformes, etc…) moito mas difíciles de ver. Destacan as combinacións circulares concéntricas moi visibles.

Mato das Cruces
     O  petroglifo de Mato das Cruces é un dos primeiros gravados coñecidos en Galicia e xa foi mencionado por Garcia de la Riega no ano 1904.

     O entorno desta estación rupestre de Mato das Cruces é absolutamente espectacular. Desde el, podemos divisar toda a cidade de Pontevedra e ver tamén as pegadas do val do río Gafos e do bosque de Ribeira asociado en todo momento ao seu paso. Trátase dun lugar de grande valor paisaxístico.

     O petroglifo de Mato das Cruces, está dividido en dous paneis: o primeiro con imaxes xeométricas (combinacións circulares, círculos con cazoletas no seu interior e cazoletas) e unha figurativa (a cornamenta dun cervo).

     Os restos da cornamenta e do corpo do animal desapareceron debido á extracción de pedra por traballos de cantería tradicional. Isto demostrouse debido á ausencia da figura do cervo nos debuxos e acuarelas de Enrique Campos Sobrino, feitas a comezos do século XIX e depositadas no Museo de Pontevedra.

Outeiro da Mina
     A estación rupestre do Outeiro da Mina é un conxunto formado por nove petroglifos, dos que o máis importante é o catalogado co número 6, tamén chamado Pedra do Fundamento.

     Foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na obra de Manuel Murguía Historia de Galicia de 1901, e está nunha gran laxe plana a ras de chan. Consta de dous paneis con imaxes xeométricas (combinacións circulares, reticulados, círculos con cazoletas no seu interior e cazoletas).

Do primeiro grupo do conxunto do Outeiro da Mina perdeuse  a maior parte por mor dunha agresión. No museo de Pontevedra, consérvanse debuxos de Henrique Campo realizados en 1907 a través dos cales podemos ter unha idea de como eran orixinalmente. Amosan ata doce combinacións de rodelas con coviñas e liñas.

     Actualmente só se aprecian cinco e a parte superior dunha combinación de rodelas con coviñas inscritas no seu interior. A  metade inferior desapareceu ao ser barrenada .

     En comparación cos petroglifos de Mato das Cruces e Vilar de Matos presentan unha liñas formais máis estilizadas, falando máis da forma ovalada que circular. O único claro é que son  ben diferentes aos outros dous petroglifos de Salcedo.

     En 1953 é incluída na “Carta arqueolóxica de la provincia de Pontevedra” e finalmente o conxunto é declarado expresamente en 1975 monumentos histórico-artísticos de carácter nacional.

VIDEO
 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente:  TERRAS DE PONTEVEDRA
XOAN ARCO DA VELLA

CRUZ DA PORTELA DO POZO - ESTACAS - FORNELOS DE MONTES

CRUZ DA PORTELA DO POZO
ESTACAS
FORNELOS DE MONTES

Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.

     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.

     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...

     Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

As Estacas
     Santa María das Estacas é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes na comarca de Vigo. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 166 habitantes (94 mulleres e 72 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 141 habitantes, sendo 65 homes e 76 mulleres.

Lugares das Estacas
     Bustelos, Os Campeliños, Couñago, As Estacas 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 9 de noviembre de 2019

IGREXA DE SAN LOURENZO - VILARRASO - ARANGA

 IGREXA DE SAN LOURENZO
VILARRASO
ARANGA

Vilarraso
     San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. 

     Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

     Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.

Situación
     Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado. Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza-Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.

Festas e celebracións
    Feira, os días 3 de cada mes na Castellana.
    Festas patronais de Orosa, na honra de San Xusto, o 31 de maio.
    Festas patronais, na honra de San Lourenzo, o 10 de agosto.

Lugares de Vilarraso
     O Apeadeiro de Orosa, A Carballeira, Carballo Torto, Os Carneiros, A Castellana, Castrobó | Os Ferreiros, Orosa, Penas do Porto, Santiso, Vilarraso, Vilourís

Aranga
     Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio é «arangués».

Situación
     Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.

Demografía
     É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).

Patrimonio arqueolóxico
      Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.

     En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.

     En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.

Arquitectura relixiosa
     A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.

     Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.

Arquitectura civil
     A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.

     Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.

Parroquias de Aranga  
     Aranga (San Paio), Cambás (San Pedro), Feás (San Pedro), Muniferral (San Cristovo), San Vicente de Fervenzas (San Vicente), Vilarraso (San Lourenzo)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 8 de noviembre de 2019

IGREXA DE SAN VICENTE DE ARANGA - ARANGA

IGREXA DE SAN VICENTE DE ARANGA
ARANGA 

San Vicente de Fervenzas
     San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 222 habitantes (110 mulleres e 112 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Xeografía
     A parroquia de Fervenzas ten unha superficie de 13,91 km² e 24 núcleos de poboación.

Situación
     Está situada no oeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.

     Limita ó norte coas parroquias de Santa María de Ois (do concello de Coirós) e Muniferral, tocando tamén nun punto a de Feás, ó leste coa de Vilarraso, ó sur e oeste coa de Rodeiro (Oza-Cesuras) e ó noroeste nun pequeno tramo coa de Bandoxa (Oza-Cesuras).

Patrimonio
      Existen tres castros recoñecidos, O Valló, Casarellos, e o mais importante o das Cotorras, onde hai un pequeno petróglifo. Atopáronse numerosos obxectos prehistóricos e unha ara romana adicada a Xúpiter na igrexa de San Vicente, conservada no Museo das Mariñas. Escritos antigos sitúan na parroquia un castelo no século XII, non hai restos.

Lugares de San Vicente de Fervenzas
     A Aldea de Arriba, Atá, Boqueixón, A Carballeira, Os Casarellos, O Fervencedo, Fongarandón, A Fonte Vella, A Igrexa, O Mato, Mende, Milreu, Muros, O Painzal, Os Paraños, Penas do Porto, Portoscalvos, Río de Bexo, Silvarredonda, O Sisto, A Torre Lavandeira, A Tragallía, Vallo, O Valló

Aranga
     Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio é «arangués».

Situación
     Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.

Demografía
     É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).

Patrimonio arqueolóxico
      Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.

     En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro.

     Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.