jueves, 15 de noviembre de 2018

HORREOS DE OUTEIRO - PARDERRUBIAS - A MERCA

HORREOS DE OUTEIRO
PARDERRUBIAS
A MERCA
 OURENSE


Parderrubias
     Santa Olaia de Parderrubias é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova.


     No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 107 eran homes e 127 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.



Lugares de Parderrubias   
     Barrio, A Carballeira, Nigueiroá, Outeiro, Parderrubias



 A Merca
     A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.



     Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).



Xeografía
     O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia.



     Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m).



     A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.



Historia
     Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.



Patrimonio
     A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.



     A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.



     No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido e, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.



     No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.



 Parroquias da Merca   
     Corvillón (Santa María), Entrambosríos (Santa Mariña), Faramontaos (San Xes), A Manchica (Nosa Señora de Lourdes), A Merca (Santa María), A Mezquita (San Pedro), Olás de Vilariño (Santa María), Parderrubias (Santa Olaia), Pereira de Montes (Santa María), Proente (Santo André), San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro), Zarracós (Santo André)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

HORREOS DE OLÁS - OLÁS DE VILARIÑO - A MERCA

HORREOS DE OLÁS
OLÁS DE VILARIÑO
A MERCA


Olás de Vilariño
    Santa María de Olás de Vilariño é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova.


     No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 74 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.


Lugares de Olás de Vilariño
     A Barreira, Campos, A Medorra, Olás, Oxén, Pazos de Olás, Vilariño


A Merca
     A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. 


     Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).


Xeografía
     O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia. 


     Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). 


     A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.


Climatoloxía
     O concello aséntase nunha zona de transición climática, entre o oceánico mediterráneo e o oceánico continental.


     Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 12 °C no sur (a media mínima dáse en xaneiro con 6,5 °C, e a máxima en xullo con 19,2 °C) e de 15 °C no norte (media mínima en xaneiro de 6,9 °C e máxima en xullo de 22,9 °C). Na zona sur hai uns 120 días de choiva ao ano, cunhas cantidades de entre 1000 e 1500 mm. No norte a contía total non excede os 1000 mm. anuais.


Hidrografía
     A rede hidrográfica organízase arredor dos ríos Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto da Manchica e únese ao Miño en Ourense. 


     O Arnoia inicia o seu percorrido no termo da Merca, e tras cruzar o canón do Muíño dos Mouros - Salpurido con fervenzas, comeza a escavar un val a partir de Rubillós. Recibe pola dereita os arroios dos Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.


Historia
     Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.


Patrimonio
     A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.


     A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.



     No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido e, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.



     No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.


 Parroquias da Merca    
     Corvillón (Santa María), Entrambosríos (Santa Mariña), Faramontaos (San Xes), A Manchica (Nosa Señora de Lourdes), A Merca (Santa María), A Mezquita (San Pedro), Olás de Vilariño (Santa María), Parderrubias (Santa Olaia), Pereira de Montes (Santa María), Proente (Santo André), San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro), Zarracós (Santo André)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CAPILLA DE SAN BLAS - SOUTELO - SABUGUIDO - VILARIÑO DO CONSO

CAPILLA DE SAN BLAS
SOUTELO
SABUGUIDO
VILARIÑO DO CONSO


Capilla de San Blas
     Muros de piedra de cantería y cubierta en prolongación, formando en la entrada un espacio cubierto al aire libre y apoyada en un muro por un lado y en un pilar de piedra por el otro. 


     Este pilar sobre pasa la cubierta originando una pequeña y curiosa espadaña de piedra de un sólo hueco de medio punto. 


     Cabe subrayar en la parte de abajo de uno de los pilares, uno agujero bajo relieve que representa una figura humana caminando con un bastón , o cruz, que podría ser prerrománica. La capilla fue reformada en el 1972.

 
Vilariño de Conso
     Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.


     Segundo o IGE en 2017 tiña unha poboación de 558 persoas (771 en 2003).


     O seu xentilicio é vilariñés.


Xeografía
     O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias.


     Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.


     Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros.


     Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³, e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1.345 metros de altitude.


     A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede.


     O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxístico.


     Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira.


     Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.


Patrimonio
     Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido.


     Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.


     O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste.


     Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros.


     En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos.


     Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.


     O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago.


     No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza.


     É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica.


Parroquias de Vilariño de Conso
     Castiñeira (San Lourenzo), Chaguazoso (San Bernabé), Conso (Santiago), Mormentelos (Nosa Señora da O), Pradoalbar (Santo André), Sabuguido (Santa María), San Cristovo (San Cristovo), San Mamede de Hedrada (San Mamede), Veigas de Camba, Vilariño de Conso (San Martiño) 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA