Mesego é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis.
Segundo o IGE do 2009 tiña 85 habitantes deles 34 eran homes e 51 mulleres, o que supón que aumentou 4 persoas a poboación desde 2008.
Cuntis
Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis.
Limita coas parroquias de Arcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, e cos concellos de Moraña e A Estrada.
No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, 245 menos que en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 1.316 persoas.
Patrimonio
Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro Grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).
Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA



















































