jueves, 12 de junio de 2025

PETO DE SAN MAMEDE - AMIL - MORAÑA

PETO DE SAN MAMEDE

AMIL

MORAÑA

Amil
      San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
     A igrexa parroquial foi construída en 1781.

     En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

       A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. 

      Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. 

     A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 11 de junio de 2025

HORREOS DE SANTA CRUZ DE RUBIACÓS - RUBIACÓS - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 HORREOS DE SANTA CRUZ

SANTA CRUZ DE RUBIACÓS

NOGUEIRA DE RAMUÍN

Santa Cruz
     Santa Cruz é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 19 habitantes (7 homes e 12 mulleres).

Santa Cruz de Rubiacós
       Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.

     No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Santa Cruz de Rubiacós
     Cortecadela, Espartedo, Mundín, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE SAN XOÁN DE MOSTEIRO - BARCIA DE MERA - COCELO

 CRUCEIRO DE SAN XOÁN

 MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE MOSTEIRO

BARCIA DE MERA

COVELO 

 Barcia de Mera 
      É unha das parroquias con máis poboación do municipio. O río Alén sepáraa do limítrofe Mondariz , salvo os lugares de Alén e Caxil que pertencen á parroquia e están na outra marxe do río.

     Aínda queda na parroquia o lugar onde perdura a tradición da existencia dun antigo Mosteiro, e onde moi probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial, ata que foi trasladada ao lugar actual, quedando só unha capela construída pola "Santa Inquisición" e un bosque de carballos; este é o lugar de San Xoán do Mosteiro . 

       No mesmo lugar atopamos unha ponte medieval ben conservada e os restos dunha vía antiquísima que se perde na espesura do bosque onde pode atopar a "Fonte Santa" as augas da cal eran moi buscadas hai anos e manteñen durante todas as estacións a mesma temperatura.

     Os seus viños, xunto cos da veciña parroquia de Casteláns, destacan polo seu sabor afrutado coas características propias do viño do Condado.

      É un lugar que invita ó descanso e á meditación dispoñendo ademais de instalacións para o esparexemento: unha Casa do Pobo, un campo de fútbol no lugar de Redondo, unha pista de deportes e unha praia fluvial.  

Barrios: 

     Alén, Caxil, Mera, Oleiros, Redondo, San Amaro e Vilanova.

      Como lugares de interese atopamos o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera, Igrexa e Casa Rectoral de estilo barroco onde merece destacar a fermosa fachada da Casa Rectoral repleta de detalles con influencia de culturas precolombinas. A súa cheminea, o seu patio interior, as gárgolas, o seu impoñente lareira, as vistas ao fértil val, fan desta obra un dos conxuntos arquitectónicos máis importantes de Galicia.

       Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da Igrexa quedando pendente a necesaria recuperación do Pazo Abacial.

Os seus barrios e lugares son: 

      Alén, A Carballeira, Carredás, Caxil, O Ceo, A Corcoveira, Espiñeiro, Mera, Os Oleiros, O Pazo, A Peleda, As Pereiras, Redondo, O Santo Amaro, Os Seixedos, O Ucedo, Vilanova. 

MAPA

 

Fuente: Concello de Covelo 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 10 de junio de 2025

CRUCEIRO DE CARRAIS - CARRAIS - HERBOGO - ROIS

CRUCEIRO DE CARRAIS

CARRAIS

HERBOGO

ROIS 

     Trátase dun cruceiro de tipo de capela ou de loreto. 

       Na actualidade case non se lle ve basamento e parece querer asomar unha grada, algún veciño comenta que perdeu a base porque quedou enterrada despois dos arranxos da estrada. 

      Así arranca directamente o fuste que como soe ser habitual comeza e remata en forma cuadrangular e no tramo central do varal é octagonal, coas esquinas rebaixadas. 

     Nel vese unha figura que representa a San Antonio.

      O capitel só posúe representación na cara central que é unha cara de anxo alada. 

 

     Sobre este, a capela sen representación en ningunha das caras laterais. 

      Dentro vemos unha virxe con manto e coroa, os rasgos son escasos en corpo e roupa, leva o neno en brazos o máis destacable é que cunha man acaríñalle o pé. 

 

      Este mesmo xesto da virxen é as mesmas caracteristicas vemolas no cruceiro da goriña de brión, tamén o anxo alado do capitel, o que nos leva a pensar posiblemente no mesmo autor. 

     Sobre a capela abovedada vemos a cruz con cristo baixo unha cartela de INRI e con pano de pureza anoado a un lado.

Comarca do Sar
     A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. 

       A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DA IGREXA - CAMIÑO DA IGREXA - HERBOGO - ROIS

 CRUCEIRO DA IGREXA

CAMIÑO DA IGREXA

HERBOGO

ROIS

  Herbogo
       San Pedro de Herbogo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 266 habitantes (141 homes e 125 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 305 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa de San Pedro de Herbogo do século XVIII, é de estilo barroco con influencias dos mestres composteláns. 

    De nave rectangular e teito a dúas augas, ten fábrica de cadeirado de granito moi regular en todos os muros. Fachada lisa con porta alintelada con orelleiras e dous pequenos vans a cada lado.

Lugares de Herbogo
       Carrais, As Casas Novas, Espai, Herbogo, A Pereira, Rubieiro, Socastro, Soutelo 

Comarca do Sar
     A comarca do Sar é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Padrón. 

       A esta comarca pertencen os concellos de Dodro, Padrón e Rois.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCES DE SANTA CRUZ - RUBIACÓS - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 CRUCES DE SANTA CRUZ

RUBIACÓS

NOGUEIRA DE RAMUÍN 

 Santa Cruz
     Santa Cruz é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 19 habitantes (7 homes e 12 mulleres).

Santa Cruz de Rubiacós
       Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.

     No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Santa Cruz de Rubiacós
     Cortecadela, Espartedo, Mundín, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA