PETROGLIFO DE LAMASUSÁN "CATRO"
MONTE ESPIÑO
LAMASUSÁN
AMOEDO
PAZOS DE BORBÉN
O Concello de Pazos de Borbén ten uns 50 km² de extensión, dividido en oito parroquias.
Limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.
Parroquias e lugares de Pazos de Borbén
Amoedo
O Cabalo, O Carballiño, A Igrexa, Lamasusán, As Penas
Borbén
Cuartos de Borbén, O Mosteiro, O Pousiño, Sequeiros
Cepeda
A Alén, O Campiño, A Presa
A Ermida
A Ermida
Moscoso
Fraga do Rei, O Gorgoreiro, As Lombas
Nespereira
Alvite, O Areeiro, Barcenal, O Galleiro, O Outeiro, Torrente, O Valado, Zoce
Pazos
As Muras, Pazos
Xunqueias
O Cabo de Raña, Casqueiros, A Chan, Eidos de Riba
AMOEDO (SAN SADURNIÑO)
Situada na parte NO do Concello, linda cos municipios de Redondela e Soutomaior.
Amoedo distribúese en catro barrios: Lamasusán, Carballiño, O Cabalo e A Igrexa.
A súa poboación ronda os 528 habitantes.
Esta parroquia caracterízase por ser a zona máis industrializada do concello, ó contar co único parque industrial de Pazos de Borbén
As voces das pedras
O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros cos que conta este municipio. O asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.
Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida o marco cronolóxico que máis documentado está é a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación romana, coñecida como “Burbida”, pero hai desacordo entre os historiadores.
GRAVADOS RUPESTRES
Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha historia da cal procedemos.
Antano, según a visión popular das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso pobo desaparecido.
De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas.
AMOEDO
Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petroglifos de motivos xeométricos.
Así temos “A laxe das cruces dos Carballiños”, os petroglifos de Masusán e os de Alvedosa, entre outros.
Latitude: 42.2956770617
Lonxitude: -8.55749984685
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Concello de Pazos de Borbén
XOAN ARCO DA VELLA
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar