MUIÑOS DE CAMBOÑO
LOUSAME
A CORUÑA
O Concello de Lousame está situado ó oeste e Galicia e ó suroeste da
provincia de A Coruña. A maior parte do territorio municipal está aberto
cara á ría de Noia-Muros, xa que é nesta ría onde se desenvolve a maior
parte da actividade, tanto económica coma doutra índole.
Tamén por este
maior achegamente, pertence ó partido xudicial de Noia e forma parte da
Fundación Comarcal Noia.
No territorio municipal, dentro das sete parroquias, hai varios
miradores naturais dende onde se poden contemplar magníficas panorámicas
das rías de Noia-Muros e de Arousa, así coma do interior da provincia.
Son edificios de planta rectangular ou cadrada
destinados a albergar unha máquina de moer gran, tanto millo, como
centeo ou trigo para o consumo animal ou humano. Debido ó abaratamento e
maior facilidade e rapidez que ofrecen os modernos muiños eléctricos,
caeron en desuso estas construccións nas que o gran se moía gracias á
forza da auga, de aí que todos se ubicaban preto dalgún regato ou río
cunha canle que lle levaba a auga.
Normalmente teñen varios propietarios ou
seareiros, que compartían o uso por turnos. Quedan abundantes exemplos ó
longo dos nosos ríos, en diversos estados de conservación, aínda que o
máis frecuente é que estén en proceso de deterioro, debido ó abandono no
que caeron nos últimos anos.
Están construidos en mampostería con
adarxas de sillería e porta de entrada de madeira dunha soa folla. A
cuberta é de tella do país a dúas augas e a maquinaría era case sempre
de madeira con rodicio que podía ser de ferro. Este movía a capa sobre a
moa que eran de pedra e machacaban o gran. A auga entra ó muiño, dende o
río, por unha canle e volta ó río por un oco aberto na parte baixa do
edificio.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA