A DISPOSICIÓN
DO
ANCIÁN ESCARMENTADO
DO
ANCIÁN ESCARMENTADO
Habiá en certa aldea un modesto ancián que tiña tres fillos e fíxolle a
mellora ao máis vello e, despois que estaba mellorado, o vello víase
nelas. O herdeiro tratábao mais mal, como lles desagradara o feito,
tamén lle virabanas as costas. Púxose o vello a pensar e pareceulle que
lle podería á pauliña cun novo argumento.
Buscoulle un amigo certa cantidade de diñeiro e,encerrándose no seu
cuarto, puxoo sobre da mesa e empezou a contar e facer paquetes, facendo
ruído coma se fose unha tesourería, mais aos fillos, como estaba
encerrado, moveulles a curiosidade ver o que o vello facía. Ao velo tan
precavido con aquel trafego, crendo que os demachiños lle trouxeran
cartos, empezaron a arrepentirse e, no susecivo todos á porfía lle viñan
preguntando que servizos desexaba, co obxeto de ver quen podía
conseguir o peto ao fin da vida do vello. Pero cando o vello morreu
foron mirar ao carón e tíña o vello cheo de pedras e, enriba delas, unha
moca cun papel que dicía:
O que dá do que ten antes de que morra,
merece que lle dean con esta cachiporra.
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901